Foros ›
Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia
Foros de debate / Carreiras de Montaña
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
cabuxamontesa

Montañés
Montañés
26/10/10
0 Carreiras
104 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Mar 2012, 10:42
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

Encheuse o monte de deportistas no 2007 e anos consecutivos que flipas siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii. As federacions apoian o deporte siiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii. Menos mal que ainda hai xente como os de GMTA que fixeron revivir este deporte e este foro fixo unha grande difusión e gracias a estes dous hoxe temos unha chea de carreiras e máis xente iniciandose no trail, eso tiñao que facer a federación, e está moi ben que fixera esas carreiras e incluso deixaran ir aos non federados (eu fun) pero o seu apoio a este deporte é de chiste, se a ti che basta que creen unha seleción e 4 carreiras e lles ingreses 48€ o ano , pareceme estupendo é a túa opción, o que nonme parece tan ben é como falou o señor presidente na charla técnica do KM Vertical, que si estubestes imaxinome que sabes do que falo. A min o de "somos los más mejores" non che me gusta nada, cando outra xente se deixa os cornos para facer carreiras. É a miña opinión , e se te sintes ofendido sintocho moito , non é a miña intención.
kikotr3

Montañés
Montañés
7/12/10
0 Carreiras
275 Mensaxes
vilagarcia de Arousa
Respostar citando Envío Dom, 18 Mar 2012, 12:11
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

o que si que as licencias de montaña, son un pouco caras ¿non?
cabuxamontesa

Montañés
Montañés
26/10/10
0 Carreiras
104 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Mar 2012, 14:17
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

De ahí parte da miña crítica , para min eso son trabas que se lle poñen o deporte, pero é meu punto de vista
Mesteño

Novo foreiro
Novo foreiro
16/12/11
8 Carreiras
24 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 18 Mar 2012, 14:23
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

Levo uns cuantos anos federado en montaña facendo actividade case todos eles e alguns case de seguido, no meu caso persoal entereime destas maravillosas carreiras por amigos, o cal non me gustou. Primeiro fun a andaina do caurel no ano 2011 e alí pegouseme o virus jeje, dendaquela participei en todas ate agora polo feito de compatir un dia de ambiente tan cheo de sensacións positivas e agradables con tanta xente. As federacións sempre poden e deben facer mellor as cousas e niso estamos todos, a FGM non se prodiga por ser moi dinámica na miña modesta opinión, pero é o que hay! se participamos mais todo se mellora.. Kikort o de caro ou barato sempre depende de como se mire coa lizenza de montañismo se te ves en apuros pódente sacar de bacalaos que nin imaxinas, a min os cartos tamen me andas escasos pero vistos os casos... Saúdos!! a todos os foreiros jejej hay que darlle cañaaa.
manueldi

Novo foreiro
Novo foreiro
12/01/11
5 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2012, 0:43
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

Amigo Cabuxa Montesa

Non poño en dubida a gran labor da GMTA nin deste foro, nin me sento ofendido polo teu comentario, todo o contrario agradezo a tua réplica. Falando entendese a xente. So que me gusta que as cousas se conten como son, e sinto que esteas tan cabreado coa FGM. Ao mellor coñecendo un pouco mellor os datos se che pasa un pouquiño, porque as veces as cousas non son o que parecen. Se non e así, eu polo menos intenteino.
Deses casi 48€ que se pagan pola licencia federativa a maior parte son para pagar o seguro de accidentes que como dí o noso amigo Mesteño, pódenos sacar de apuros que nin imaxinamos. Cubreo case todo, lesions entrenando, en competición, accidentes, e rescate ó 100%. Médicos, hospitalización, probas.... mais unha cantidade por morte ou invalidez. E isto non é gratis. Un seguro moi inferior a este, custalle a un organizador dunha carreira non menos de 2€ por persoa para o dia, votadelle a conta por un ano.
Estou de acordo que a FGM non e moi dinámica e que podería facer mais cousas, pero a única forma de que poida apoiar mais ao deporte na montaña e que teña mais federados. Sin Clubs Federados e sin Deportistas federados non ten razón de ser.

www.fgmontanismo.es/de...icions.pdf

Saudos a todos e disculpas si algún se sente ofendido. Guiño
cabuxamontesa

Montañés
Montañés
26/10/10
0 Carreiras
104 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2012, 15:05
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

Entendote perfectamente, as federacións non se fan sin deportistas. Que se xustifique esa pasta polo seguro , parecem correcto, que o comparta é diferente. Se unha federación me aportase máis cousas que un seguro , hoxe mismo estaba federado, igual falo así porque nunca me rompin nada e tampouco nunca tuben que pagarlle a un médico na vida, cousas da seguridade social, supoño que para moita xente o simple feito do seguro xa é bastante, sobre todo coas novas medidas que impuxeron os nosos queridos políticos nalgunhas comunidades os cobros por rescate e toda a letra pequena. Nunha cousa creo que te confundes, "Estou de acordo que a FGM non e moi dinámica e que podería facer mais cousas, pero a única forma de que poida apoiar mais ao deporte na montaña e que teña mais federados." Se unha federación non ten deportistas federados é por tres motivos, ou ese deporte non ten practicantes (non é o caso) ou os deportistas non ven nada útil en estar federados (sexa porque poden competir igual sin federarse, non hai tantas carreiras da federación...) ou descoñecen a federación. Nos dous últimos puntos creo que a culpa toda tena a federación por non fomentar o deporte ou si non mira o que pon Mesteño, eso pareceche normal? Se a federación non fai seu traballo e fomenta o deporte como quere ter federados? Por imposición de decreto lei? Eu posiblemente non tarde alá moito en federarme pode que para a próxima tempada me federe (se as cousas cambian) se non seguirei igual que agora, se eles non se moven a xnete pasa de eles, é a miña opinión e con moito respecto aos seus directivos pero algo están facendo mal. Esto que digo pódeselle aplicar a moitas federacións.
Arnela

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/10/09
0 Carreiras
54 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2012, 17:00
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

manueldi escribió:
Amigo Cabuxa Montesa

Sin Clubs Federados e sin Deportistas federados non ten razón de ser.

Guiño

Eu creo que o coste da licencia dun corredor non é para nada desorbitado (a de ciclismo por exemplo é bastante máis cara). Pero o que sí ten que mirar a federación é a licencia de club, que o primeiro ano pareceme esaxerada, xa que custa máis do doble ca da FEDME.

Outra cousa que se me olvidaba, para crear una federación territorial ten que haber unha cantidade mínima de clubes que practiquen eses deportes, é considero que a federación galega debería facer e ofrecer máis cousas para intentar aumentar tanto os clubes como os deportistas federados.
manueldi

Novo foreiro
Novo foreiro
12/01/11
5 Carreiras
28 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 20 Mar 2012, 23:13
Asunto: Re: Km Vertical do Courel - Campeonato Km Vertical de Galicia

Tende en conta que a FGM recolle mais actividades que as carreiras, (escalada, alpinismo, sendeirismo, descenso de barrancos....), si mirades o calendario de actividades www.fgmontanismo.es/ac...dades.html , daredevos conta de que casi todos os fins de seman hay actividades ou cursos a baixo custe, relacionadas coa montaña, as carreiras son algunhas desas actividades. A maneira de actuar da FGM é a través dos Clubs colaborando con estes en organización,aportando personal técnico, material, e axudas económicas para o desenrrolo das actividades federativas. Por si mesma fai somentes accións formativas e alguha actividade a nivel nacional ou internacional. Casi todo se canaliza a traveso dos Clubs. So con participar nalgunhas desas actividades que moitas veces pagamos a empresas privadas, amortizariamos de sobra o custe da licencia.
Dispón de 5 refuxios de montaña a 3€ federados e 10€ non federados, na serra do Courel, na Serra do Xurés, no Macizo de Trevinca, en Torrebarrio(León) Macizo de Ubiña e Trevinca (Fonte da Cova).
Tendes razón o decir que un dos problemas, e penso que o mais importante, e que esta información non se fai chegar o público e se descoñece a existencia desta e as ventaxas de federarse.

Saudos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos