Mér, 21 Mar 2012, 7:09
Asunto: Re: VIG-BAY 2012
Sobre o que falades dos caixons A e B.
Só ten sentido se os poñen en paralelo, senón vai ser un caos... Era unha das cousas que tiña pensado preguntar cando fose recoller o dorsal. A min por tempo me tocaría ir no H, que é de onde saín o ano pasado, pero xa vexo que por fémina e por dorsal solidario podo ir no B... Se non vai ser en saida en paralelo, paso moitísimo de meterme alí, non teño ganas de estorbar a ninguén nin que me pase unha marea humana por riba.
Con respecto á San Martiño, nin me pareceu ben nin mal. Penso que a min me axudou a xustarme mellor no sitio que me tocaba na carreira, aínda que é certo que o final alí no carril de saída había mais homes que mulleres, polo visto un truco que fan algúns para sair mellor colocados aínda que non sempre sae ben a xogada (palabras dun corredor ourensano que o fixo algunha vez).
Respondendo a outra cousa que dicides, é certo que as corredoras, sexa a carreira que sexa, non pasamos do 10% case nunca, e cousas asi parécenme ben por animar.
E xa por rematar, non creo que a xente se decicase a "mercar o dorsal solidario" por ter unha mellor posición. É mais, penso que hai unha cantidade case ridícula de dorsais solidarios con respecto ó número de inscritos, e paréceme unha mágoa (no meu caso, un colectivo de 20 persoas decidimos sumarnos á iniciativa por unha compañeira e veciña, que ten un fillo afectado de parálise cerebral). Esperemos que a organización se estire un pouco, e faga un donativo sustancioso a estas entidades para compensar (desde logo , cos beneficios que sacan non deberian ter problemas para facelo, e seguro que lles desgrava en Facenda)