Lun, 26 Mar 2012, 7:10
Asunto: Re: VIG-BAY 2012
Pois eu, que queredes que vos diga, que as felicitacións á organización non sei a santo de que veñen. Subeu a inscripción un 33% respecto ó ano pasado. ¿Alguén me pode dicir algunha mellora para o corredor respecto a outros anos? Eu máis ben creo que foi a peor. Ou sexa, pagamos máis a cambio de menos. Por cinco euros máis, multiplicade polo número de participantes e que cada un faga os seus cálculos do que aumentou o recaudado
Eu sain no caixón D, contaba con facer pouco máis de 1:35, e o final pasei de 1:43. E ainda así nos primeiros km canseime de adiantar xente. Fixen on primeiro km a 5:40, e era imposible correr. O problema ven de que é demasiada xente a correr xunta, a carreira tal e como está concebida está masificada, porque o peor está en Samil, que non pode absorver tanta xente, pero e que xa polo medio da carreira eu veía o carril dereito polo que ía a carreira saturado, para adiantar había que facelo moitas veces en zigzag ou ir polo carril esquerdo
Ainda que as comparacións din que son odiosas... despois de participar dous anos na Behobia San Sebastian (20 km e tamén empezando nunha cidade e rematando noutra, e son 23.000 personas e non 4.000, co cal creo que ainda é moito máis dificil), a VigBai está a anos luz. Os caixóns, por tempos acreditados doutros anos ou doutras medias maratóns, e vallados. Pero claro, eso implica traballar máis para a organización ó ter que comprobar os tempos e repartir os caixóns. Alí as saidas son escalonadas, cada 2-3 minutos sae un caíxón, e o que sae nun caixón antes do que lle corresponde, sancionase. Esto con chip é facil de comprobar, e sair nun máis atrasado si está permitido. Pero na VigBai, ou se sae dende Bouzas ou a volta por Samil fai inviable o tema (para mi a volta por Samil é o que masifica a carreira, se fose unha carreira totalmente en linea non habería problema de masificación)
Alí o 90% dos participantes ten que facer uso de tren e bus para chegar á saida, co cal o coste da carreira dispárase. A inscripción custa 30 euros (28 con chip propio). A saida máis fluida, a meta máis fluida, a bolsa e avituallamentos mellores que aquí, a feira do corredor boa, dúas pantallas xigantes na saida e outra en meta, entrevistas ós participantes en directo, videos da carreira, un speaker espectacular ( o da vigbai deprime en vez de animar), música a todo trapo, grupos musicais durante o percorrido. Todo eso fai que a carreira sexa máis que unha carreira, é máis unha festa do atletismo. Comparando o precio dunha e outra, e o que da unha e outra.....
Para o ano que ben queren que meter máis xente e masificala máis??
En fin, esa é a miña opinión. Buff, vaia coñazo que acabo de soltar.....