Lun, 26 Mar 2012, 8:22
Asunto: A toponimia na Vig-Bay
Bo día! En primeiro lugar, felicidades aos que viron cumpridos os seus desexos na carreira de onte e moito ánimo aos que, por un ou por outro motivo, non o fixeron!
E noraboa, unha vez máis!, á organización. Todo moi ben, de principio a fin, polo menos para min.
Pero hai algo que non podo deixar pasar, esquecendo o nome da propia carreira, a Vig-Bay, con ese "Bay" de
Bayona Pero atoparse na bolsa co perfil da carreira con nomes como
Sayanes ou
Panjón deixa en mal lugar a quen o fixo. Porque non vou citar aquí a normativa que di que o único nome oficial deses lugares é o galego...porque a lóxica tamén nos debería levar a utilizar eses nomes e non invencións como as anteriores. O nome dos lugares nos que vivimos ou medramos ten importancia e di moito. Un topónimo é un fósil que vive e trasmite, sen falar, moita información. Quizais para algúns sexa un tema menor, e neste foro máis se cadra, pero é unha cuestión importante e que a organización non debería deixar pasar para as próximas edicións.
Saúdos e boas carreiras!!