Mar, 27 Mar 2012, 18:31
Asunto: Re: VIG-BAY 2012
A miña primeira Vig-Bay. A volta á media maratón despois de seis anos.
A verdade é que xa esquecera o marabilloso desta distancia. Unha vez que se proba, un quere repetir.
Aínda que non acadei o obxectivo, quedei satisfeito, xa que por encima do tempo estimado, a meta real era acabar, e facelo con boas sensacións. E así foi.
O día estivo perfecto para correr, o que axudou e moito.
O cambio de hora, a verdade é que tocou un pouco as narices. Pero ben.
A xente mal colocada. Bueno, somos como somos. Malos bichos.
O tempo que se perde na saída.... unha carga que hai que asumir. E pregúntome eu: unha solución non sería facer varias saídas simultaneas que converxan nun punto (por encima do 5º quilómetro). Os tempos que se perderían serían moito menores. Creo que nalgún maratón fan algo así.
Resumindo. En liñas xerais gustoume a Vig-Bay, tanto a nivel participativo como organizativo. Pódense mellorar cousas, pero considero que non estivo mal.
Eso sí, é unha das carreiras máis pijas nas que participei.
A pesar de todo, para repetir.
Para triunfar na vida, non é importante chegar o primeiro. Para triunfar simplemente hai que chegar, erguéndose cada vez que se cae no camiño.
asociaciongam.blogspot.com.es