Sáb, 31 Mar 2012, 0:02
Asunto: Re: Carrera de Pascua de Padrón 2012
Empezo pola última resposta:
yomismo, así da gusto, dasme toda a información que precisaba apenas nuns minutos. Deséxoche a mesma rapidez nas túas próximas carreiras. Agora, se me consigues os tempos da edición do 94 xa sería o máis. Se a memoria non me falla, o gañador fora Jesús Becerra; eu quedara de cuarto, creo.
Estou pensando que non sería mala idea -ou si- tratar de recuperar, na medida do posible, as antigas clasificacións das nosas queridas carreiras populares e publicalas nalgún sitio. Isto suporía a suma de moitos esforzos individuais que non sei se levaría a algunha parte porque descoñezo o xeito de proceder dos organizadores da era prechip. De tódolos xeitos: alguén se anima a abrir fío? A min dame vergoña, que son novo.
Iso si, Lestrove, esta iniciativa suporía, sen dúbida, a depreciación desa mítica libreta -ou libretas, intúo- onde gardas, ata o de agora, a máis exclusiva información. Tes razón, agora xa apunto todo o que fago; antes era novo e tiña a cabeza loca (isto é moi do teu estilo).
derek, xa ves que rápido conseguín enchufe para que me fagan o traballo sucio (grazas, yomismo) no concello. Iso que dis de que hai tres anos non eras o mesmo lembroume á única desas teorías que tratan de demostrar a existencia da alma que non conseguín olvidar. Viña a dicir algo así como que o corpo, cada pouco tempo, se rexenera por completo e, sen embargo, non deixamos de ser a mesma persoa, e isto é porque temos a mesma alma, que non se perde aínda que o corpo mude. Non sei se a ti che pasa o mesmo, pero eu ben vexo que o meu corpo xa non é o de antes, e, aínda así, incluso nos anos que non podía correr, conservei sempre esa alma de corredor que, supoño, todos nós, dun xeito ou doutro, sentimos dentro.