Xov, 01 Mar 2012, 14:21
Asunto: Re: Estudio da pisada en Podoactiva
Ola,
Eu fun á consulta por molestias que arrastraba desde hai tempo e que non me deixaban correr con comodidade.
O que che podo contar ata agora é bo. Na primeira consulta fixéronme un estudo, creo que o chaman biomecánico, vendo como pisaba tanto cando estou quieto como cando corro. Recólleno todo con gráficos e estatísticas nun computador e explícancho moi ben. Despois escanearonme os dous pés e fixéronme unhas plantillas para que me axuden a corrixir as desviacións que me viron á hora de apoiar. O que máis me sorprendeu é o finas que son en comparación coas que levaba ata agora. Adáptanse moi ben á zapatilla e non me molestan.
A moza que me atendeu é moi simpática e parece que traballan con xente de bastante nivel.
Por agora estou moi contento. De momento non tiven ningunha sobrecarga e, aínda que as molestias non se foron de todo, corro moito máis cómodo. A semana pasada tiven a primeira revisión e fixéronme algúns axustes, así que espero seguir mellorando. Supoño que como todo, requiren adaptación.
De pasta, sae pouco máis que unhas plantillas normais, pero polos resultados que estou a ter ata agora, compénsame.
Espero axudarche. Xa nos contarás.
Fran