Dom, 01 Abr 2012, 14:05
Asunto: Re: Trail Dexo-Oleiros 2012
Moi bonita carreira polos paraxes da costa de Oleiros.
Persoalmente fixeno mellor que o ano pasado, e sufrin menos.
Critica a favor da carreira:
-A paisaxe
- a elección do percorrido, por camiños e reviravoltas moi chulas, evitando moito asfalto
-o bo ambiente que reinou en todo momento
En contra:
-falta de auga para a metade dos corredores no primeiro avituallamento
-no segundo, uns gaxos de naranxa parécenme insuficientes como avituallamento sólido (non estou a pedir unha tortilla de patacas, un plato de lentellas ou uns callos, pero uns froitos secos, algunha barriña de cereais, uns plátanos, non estarían mal). Vale, no Alto Sil pagas o doble, pero atenden moito mellor os participantes.
-o gravísimo erro no aconsellamento dun voluntario , que fixo que os primeiros se perderan, fixeran dous kmts de mais, adulterando a competición. ( de feito, seica o que iba de primeiro e mailo segundo se retiraron daquela pola frustración )
Subsanouse en parte o tapón inicial do ano pasado, pero a ver se o ano que ven se pon mais auga nas mesas.
Se se celebra o ano que ven , penso voltar a este trail.
Por fin debutou en traill o Norris, que foi a modiño, o mesmo que Maxi.
Gañoume Kikotr3 por goleada, pero Magono se me quedou atrás.
Encantado de voltar a saudar a Omiguel, Jesusb,Raña,Taurus,Irdam, Montxo,Amador,Carlos Souto, Monchodepelejrino, e outros moitos colegas,
o mais rápido dos gordiños
CLUBE ATLETISMO BOIMORTO