guti290971 escribió: |
Moi bonita carreira polos paraxes da costa de Oleiros. Persoalmente fixeno mellor que o ano pasado, e sufrin menos. Critica a favor da carreira: -A paisaxe - a elección do percorrido, por camiños e reviravoltas moi chulas, evitando moito asfalto -o bo ambiente que reinou en todo momento En contra: -falta de auga para a metade dos corredores no primeiro avituallamento -no segundo, uns gaxos de naranxa parécenme insuficientes como avituallamento sólido (non estou a pedir unha tortilla de patacas, un plato de lentellas ou uns callos, pero uns froitos secos, algunha barriña de cereais, uns plátanos, non estarían mal). Vale, no Alto Sil pagas o doble, pero atenden moito mellor os participantes. -o gravísimo erro no aconsellamento dun voluntario , que fixo que os primeiros se perderan, fixeran dous kmts de mais, adulterando a competición. ( de feito, seica o que iba de primeiro e mailo segundo se retiraron daquela pola frustración ) Subsanouse en parte o tapón inicial do ano pasado, pero a ver se o ano que ven se pon mais auga nas mesas. Se se celebra o ano que ven , penso voltar a este trail. Por fin debutou en traill o Norris, que foi a modiño, o mesmo que Maxi. Gañoume Kikotr3 por goleada, pero Magono se me quedou atrás. Encantado de voltar a saudar a Omiguel, Jesusb,Raña,Taurus,Irdam, Montxo,Amador,Carlos Souto, Monchodepelejrino, e outros moitos colegas, |