Foros ›
Autor
Mensaxe
khene

Maratoniano
Maratoniano
19/09/06
300 Carreiras
4160 Mensaxes
Khenesfera
Respostar citando Envío Ven, 07 Out 2011, 19:54
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Mincha escribió:
A min quédame Chicago e logo Boston para ir facendo tempo
¡Cabrón! Ríndose Ríndose Ríndose Ríndose Ríndose


Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Ven, 07 Out 2011, 21:18
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Silbar Silbar Silbar
Mr. Green Mr. Green
Satisfecho
cholo

Novo foreiro
Novo foreiro
28/05/08
0 Carreiras
30 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 10 Out 2011, 18:28
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Tampouco tiven sorte. A min tamen me parecia un fraude, pero si a un de nos lle tocou pois haberá que intentalo o ano que ven.
santyrg

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/01/06
0 Carreiras
139 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Out 2011, 21:19
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Como se sabe si te tococa plaza?Yo no recibi ninguna noticia.Me imagino que sera porque no tengo plaza.Donde se mira?
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Ven, 14 Out 2011, 21:31
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

santyrg escribió:
Como se sabe si te tococa plaza?Yo no recibi ninguna noticia.Me imagino que sera porque no tengo plaza.Donde se mira?

Te enviaban un correo electrónico

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
nopudoser

Montañés
Montañés
18/07/08
123 Carreiras
295 Mensaxes
walden-trez
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2012, 9:19
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Pois nada ao final Sipudoser e a falta de tres días está todo listo... ningunha lesión ou contratempo que me impedira adestrar estos meses, ata hoxe tranquilo... todo pinta ben...

Maña despegue e en canto chegue recoller o dorsal e turisteo sábado un par de pintas vendo o derby e domingo a dalo todo!

Moi profesionales os da organización, mandanche un pdf con toda a información que precisas para que todo saia ben ( polo menos para que chegues á saída , despois xa é cousa túa o que pase nesas 26,2 millas ( parace menos que 42 km...).

En canto aos obxectivos, pois disfrutar de todo o “tinglao” que é esta proba e por que non decilo acabar a unha marca acorde aos adestramentos realizados...

Alá vou!
khene

Maratoniano
Maratoniano
19/09/06
300 Carreiras
4160 Mensaxes
Khenesfera
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2012, 10:05
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

nopudoser escribió:
Pois nada ao final Sipudoser e a falta de tres días está todo listo... ningunha lesión ou contratempo que me impedira adestrar estos meses, ata hoxe tranquilo... todo pinta ben...

Maña despegue e en canto chegue recoller o dorsal e turisteo sábado un par de pintas vendo o derby e domingo a dalo todo!

Moi profesionales os da organización, mandanche un pdf con toda a información que precisas para que todo saia ben ( polo menos para que chegues á saída , despois xa é cousa túa o que pase nesas 26,2 millas ( parace menos que 42 km...).

En canto aos obxectivos, pois disfrutar de todo o “tinglao” que é esta proba e por que non decilo acabar a unha marca acorde aos adestramentos realizados...

Alá vou!
¿Te mandan alguna documentación por correo a tu domicilio o toda la comunicación es via Mail? Pensando

Mucha suerte Moi feliz


fonteiña

Maratoniano
Maratoniano
3/01/09
0 Carreiras
146 Mensaxes
ponteareas
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2012, 10:07
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Que envidia temos......
Xa contaras como e carreira e o ambiente que transmiten os ingleses.
Por o que teño entendido a saida queda as aforas de Londres asi que a info que che mandaron a che facer falta.
Sorte na City.
Rama

Foreiro Senior
Foreiro Senior
18/08/09
0 Carreiras
678 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2012, 10:11
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Moita Sorte Sipudoser.

Xa farás una crónica!!!

Saú2 de Rama
Beauvais

Maratoniano
Maratoniano
1/09/08
234 Carreiras
8104 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2012, 10:38
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

A disfrutalo nopudoser!!!!!

cronicasdelcarma.blogspot.com/
www.facebook.com/home....6312823999
www.facebook.com/home....0742123559
Mincha

Maratoniano
Maratoniano
23/11/08
0 Carreiras
2137 Mensaxes
Salvaterra de Miño
Respostar citando Envío Xov, 19 Abr 2012, 16:36
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Run Nopudoser, run !!!

Moi feliz Moi feliz Moi feliz Moi feliz
JillY

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
5/12/10
1 Carreiras
295 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 21 Abr 2012, 12:43
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Para el que no lo sepa, se puede ver la retransmisión del maratón por Eurosport a partir de las 10
emiliocoruñaourense

Maratoniano
Maratoniano
23/01/12
0 Carreiras
226 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 22 Abr 2012, 7:56
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

este año no tuve suerte en el ballot pero :
If you'd like to register for a place in next year's Virgin London Marathon our online entry system opens 30 April 2012
nopudoser

Montañés
Montañés
18/07/08
123 Carreiras
295 Mensaxes
walden-trez
Respostar citando Envío Dom, 29 Abr 2012, 10:04
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

Boas! trás seis días de descanso hoxe tocou corretear de novo e ao chegar escribir esta crónica-resumen do que é a maratón de Londres. Aí vai e perdón polo coñazo...

Domingo 22 de abril 2012, 19:15 in the Mall ( lugar onde ten a chegada a carreira) ou o que é o mesmo 9 horas e media despois da saída. E alí chegaban camiñando os tres últimos corredores da maratón de londres 2012. Creo que estes non teñen medalla xa que a organización pon de tempo máximo 8 horas e quince minutos...pero si podrán decir ao día seguinte que remataron unha maratón tan prestixiosa coma a de Londres... Paso ao seu lado e sorrio cara eles co Well done! Que tanto escoitei á mañá, eles devolvenme o sorriso e un apagado Thanks!

Realmente é unha carreira esaxerada: 170.000 solicitudes para conseguir un dorsal, 37500 corredores, 1 millón de espectadores estimados ao longo do percorrido, 1250 baños portátiles, auga cada milla dende a milla 3, geles e bebida isotónica cada 4 millas aproximadamente, animación na rúa con bandas de rock, gaiteros escoceses, coro de goospel, batucadas, banda de música clásica... os pubs do recorrido coa música a tope... pero sobre todo 51,8 millóns de libras recaudadas para obras de caridade! Sen dúbida esto fai que moito público se acerque ao percorrido a animar aos seus corredores.

A nivel organizativo perfecto. Recollida de dorsal no Excel Exhibition Center, na zona de Straford onde puiden ver o estadio Olímpico. Unha zona podemos decir que marginal de Londres a que se lle está dando un impulso enorme coas novas infraestruturas necesarias para os Xogos Olímpicos.

7:30 salgo dirección a estación de metro para chegar a estación de tren, e de alí a zona de saída. Un tempo fabuloso, o día anterior estivera chovendo e as previsións para o día da carreira eran choivas pero o ceo apareceu despexado e a temperatura ideal para correr unha maratón.

No metro a esas horas só hai corredores coa nosas bolsitas para deixar nos camións. Perderse é imposible porque hai voluntarios que che preguntan cal é túa zona de saída e xa che indican por onde ir. Xa que hai tres zonas de saídas diferentes, que se van xuntando ao londo da carreira, a miña era a blue start, que se xuntaba coa green start antes da milla 1 e coa Red start xusto na milla 3. Todo ben organizado pero aínda na milla 8 cando a carretera se estreitaba seguíanse producindo
“ atascos” e frenazos bruscos.

As 9 da mañá xa estaba no Greenwich Park, de onde sae a carreira, observar a “ fauna” de todos os países, puxenme como reto atopar a algún espanish runner pero nopudoser, só corrimos a carreira 123! alí había xente de todo o mundo, o ano pasado creo que estiveron representadas 93 nacionalidades...

No dorsal aparece o número de caixón de saída e como na inscripción un ano antes lle puxera unha marca que se quedou corta para os meus adestramentos intentome colar nun caixón que non me pertence pero alto! Están os voluntarios que me dicen que por aí no! Eu intento explicar pero no cuela... ou non me entenderon ou dáballes igual a miña explicación... así que me meto no meu caixón e comezo a colarme escuse me, please, excuse me, please. Asi ata que chega o momento de sair. PUM! Só 5:30 en pasar pola alfombrilla de saída. E a partir de aí slalon para adiantar corredores ata que rematou a carreira... consello: á hora de facer a inscripción tirar polo alto nas expectativas de marca.

O percorrido totalmente llano e espectacular xa que pasas por moitos dos iconos da cidade de Londres pero ademais acompañado de público a dereita e esquerda da carretera durante todo o percorrido e animando como se cada corredor fora da súa familia.

Emocionante especialmente ao pasar na milla 20 o Tower Bridge! Que barullo! Que xentío! Aquelo parecía calquera dos Hors Categorie do Tour! Xente toleando cos corredores, e a un que se lle saltan as lágrimas...

A 2,5 millas na entrada dun túnel che recordan que estás a piques de entrar na historia cunha tremenda pancarta, esos últimos kilómetros son os mellores ao lado da riveira do Támesis escoitandos os ánimos do público, vendo o London Eye a túa esquerda e esperando a chegar a ver o Big Ben en Westminster. Comezan os amagos de calambres e aínda que me noto con forza e ánimos para apretar algo decido quedarme no ritmo de toda a carreira. Chegas a St James´s Park, colles a rotonda de Buckinghan Palace e enfilas á ultima recta no que hai unhas gradas e claro saludo pensando que todos esos aplausos son para min... Finish line!

Según chegas todo ben organizadito cada grupo de corredores según a cor da saída a recoller a súa bolsa coas cousas que deixamos fai unhas horas en Greenwic Park.
Quitanche o chip e recibes a túa nova medallita que che colocan os voluntarios camiñas uns metros e unha amable señorita che dice que se queres facer unha foto coa túa nova medalla cun fondo no que aparece a publicidade de Virgin London Marathon 2012, claro que si! Por certo se a queres tes que pagar 15 libras ( uns 18 €) por unha tamaño 8x13 cm. Money, money!

Bolsa coa camiseta de Finisher, algo de beber e comer e a buscar aos meus incondicionais que me esperan na zona que habilita a organización.

Ao final o tempo realizado foi de 3h 46 06, curioso que a media maratón a pasei en 1h 53 03! xusto a metade.

Mañá abrase o prazo para entrar no sorteo da do ano 2013, o rematar esta dixen que nunca máis viría a unha maratón tan multitudinaria, pero trás unha semana de reposo mañá volvo intentalo!

Unha carreira que hai que correr ou polo menos intentalo. aínda que supón un gasto importante entre viaxes, dorsal, aloxamento , e a propia cidade na que todo é caro, supón unha oportunidade de visitar esta esaxerada cidade.

A inscribirse mañá no sorteo e en outubro que haxa sorte!
emiliocoruñaourense

Maratoniano
Maratoniano
23/01/12
0 Carreiras
226 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 30 Abr 2012, 1:09
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012

desde las 02:00 aprox, está abierto el ballot. suerte





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos