Dom, 29 Abr 2012, 10:04
Asunto: Re: Maratón de Londres 2012
Boas! trás seis días de descanso hoxe tocou corretear de novo e ao chegar escribir esta crónica-resumen do que é a maratón de Londres. Aí vai e perdón polo coñazo...
Domingo 22 de abril 2012, 19:15 in the Mall ( lugar onde ten a chegada a carreira) ou o que é o mesmo 9 horas e media despois da saída. E alí chegaban camiñando os tres últimos corredores da maratón de londres 2012. Creo que estes non teñen medalla xa que a organización pon de tempo máximo 8 horas e quince minutos...pero si podrán decir ao día seguinte que remataron unha maratón tan prestixiosa coma a de Londres... Paso ao seu lado e sorrio cara eles co Well done! Que tanto escoitei á mañá, eles devolvenme o sorriso e un apagado Thanks!
Realmente é unha carreira esaxerada: 170.000 solicitudes para conseguir un dorsal, 37500 corredores, 1 millón de espectadores estimados ao longo do percorrido, 1250 baños portátiles, auga cada milla dende a milla 3, geles e bebida isotónica cada 4 millas aproximadamente, animación na rúa con bandas de rock, gaiteros escoceses, coro de goospel, batucadas, banda de música clásica... os pubs do recorrido coa música a tope... pero sobre todo 51,8 millóns de libras recaudadas para obras de caridade! Sen dúbida esto fai que moito público se acerque ao percorrido a animar aos seus corredores.
A nivel organizativo perfecto. Recollida de dorsal no Excel Exhibition Center, na zona de Straford onde puiden ver o estadio Olímpico. Unha zona podemos decir que marginal de Londres a que se lle está dando un impulso enorme coas novas infraestruturas necesarias para os Xogos Olímpicos.
7:30 salgo dirección a estación de metro para chegar a estación de tren, e de alí a zona de saída. Un tempo fabuloso, o día anterior estivera chovendo e as previsións para o día da carreira eran choivas pero o ceo apareceu despexado e a temperatura ideal para correr unha maratón.
No metro a esas horas só hai corredores coa nosas bolsitas para deixar nos camións. Perderse é imposible porque hai voluntarios que che preguntan cal é túa zona de saída e xa che indican por onde ir. Xa que hai tres zonas de saídas diferentes, que se van xuntando ao londo da carreira, a miña era a blue start, que se xuntaba coa green start antes da milla 1 e coa Red start xusto na milla 3. Todo ben organizado pero aínda na milla 8 cando a carretera se estreitaba seguíanse producindo
“ atascos” e frenazos bruscos.
As 9 da mañá xa estaba no Greenwich Park, de onde sae a carreira, observar a “ fauna” de todos os países, puxenme como reto atopar a algún espanish runner pero nopudoser, só corrimos a carreira 123! alí había xente de todo o mundo, o ano pasado creo que estiveron representadas 93 nacionalidades...
No dorsal aparece o número de caixón de saída e como na inscripción un ano antes lle puxera unha marca que se quedou corta para os meus adestramentos intentome colar nun caixón que non me pertence pero alto! Están os voluntarios que me dicen que por aí no! Eu intento explicar pero no cuela... ou non me entenderon ou dáballes igual a miña explicación... así que me meto no meu caixón e comezo a colarme escuse me, please, excuse me, please. Asi ata que chega o momento de sair. PUM! Só 5:30 en pasar pola alfombrilla de saída. E a partir de aí slalon para adiantar corredores ata que rematou a carreira... consello: á hora de facer a inscripción tirar polo alto nas expectativas de marca.
O percorrido totalmente llano e espectacular xa que pasas por moitos dos iconos da cidade de Londres pero ademais acompañado de público a dereita e esquerda da carretera durante todo o percorrido e animando como se cada corredor fora da súa familia.
Emocionante especialmente ao pasar na milla 20 o Tower Bridge! Que barullo! Que xentío! Aquelo parecía calquera dos Hors Categorie do Tour! Xente toleando cos corredores, e a un que se lle saltan as lágrimas...
A 2,5 millas na entrada dun túnel che recordan que estás a piques de entrar na historia cunha tremenda pancarta, esos últimos kilómetros son os mellores ao lado da riveira do Támesis escoitandos os ánimos do público, vendo o London Eye a túa esquerda e esperando a chegar a ver o Big Ben en Westminster. Comezan os amagos de calambres e aínda que me noto con forza e ánimos para apretar algo decido quedarme no ritmo de toda a carreira. Chegas a St James´s Park, colles a rotonda de Buckinghan Palace e enfilas á ultima recta no que hai unhas gradas e claro saludo pensando que todos esos aplausos son para min... Finish line!
Según chegas todo ben organizadito cada grupo de corredores según a cor da saída a recoller a súa bolsa coas cousas que deixamos fai unhas horas en Greenwic Park.
Quitanche o chip e recibes a túa nova medallita que che colocan os voluntarios camiñas uns metros e unha amable señorita che dice que se queres facer unha foto coa túa nova medalla cun fondo no que aparece a publicidade de Virgin London Marathon 2012, claro que si! Por certo se a queres tes que pagar 15 libras ( uns 18 €) por unha tamaño 8x13 cm. Money, money!
Bolsa coa camiseta de Finisher, algo de beber e comer e a buscar aos meus incondicionais que me esperan na zona que habilita a organización.
Ao final o tempo realizado foi de 3h 46 06, curioso que a media maratón a pasei en 1h 53 03! xusto a metade.
Mañá abrase o prazo para entrar no sorteo da do ano 2013, o rematar esta dixen que nunca máis viría a unha maratón tan multitudinaria, pero trás unha semana de reposo mañá volvo intentalo!
Unha carreira que hai que correr ou polo menos intentalo. aínda que supón un gasto importante entre viaxes, dorsal, aloxamento , e a propia cidade na que todo é caro, supón unha oportunidade de visitar esta esaxerada cidade.
A inscribirse mañá no sorteo e en outubro que haxa sorte!