Ven, 06 Abr 2012, 17:19
Asunto: VI Carreira Campo a Través do Corgo-Corrubedo
REGULAMENTO
VI CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO
INTEGRADA NO V CIRCUITO CONCELLO DE RIBEIRA DE CARREIRA POPULARES
(Información e regulamento do circuito en
www.riveira.es)
Día: 5 de maio do 2012
Hora: 17.30 h.
Saída e chegada: Teira-Corrubedo
Información e inscricións: Real e Ilustre Cofradía da Dorna
Páxina web oficial:
www.cofradíadadorna.com
E-mail: corgo @ cofradiadadorna.com
A VI CARREIRA CAMPO A TRAVÉS DO CORGO-CORRUBEDO organizada polo Concello de Ribeira e pola asociacion cultural “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” de Ribeira , ca colaboración dos veciños de Teira e moitos amigos máis, celebrarase o 5 de Maio do 2012 ás 17.30 horas. A proba estará suxeita ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
1. A saída darase no lugar de Teira-Corrubedo, ás 17.30 horas.
2. Os atletas deberán situarse na zona de saída 10 minutos antes do comenzo da proba.
3. O percorrido desenrolarase sobre un circuito con piso básicamente de terra, herba e area, e será de 9.300 mts. aprox. debidamente sinalizado.
A organización non pode garantir a cobertura en todo o longo do percorrido. Os membros da organización teñen potestade para retirar da proba a calqueira participante si consideran que a condición física ou a súa actitude o requer, asi como a todos aqueles que corran sin dorsal. A organización, nun punto determinado do percorrido, establecerá un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.
Os participantes están obrigados a informar do seu abandono no control de chegada.
4. Está rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso dalgún vehículo de apoio. A non contemplación desta norma implicará a descalificación dos atletas acompañados.
5. Avituallamento intermedio no kilómetro 7 aprox. Instalaranse recipientes para depositar as botellas valeiras, sendo obrigatorio o seu uso.
6. A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal, que deberán levar en lugar visible ata o remate da carreira, sendo descalificado o corredor que chegue sen dorsal.
7. Todo aquel atleta que no kilómetro 5 faga un tempo superior os 36 minutos queda descalificado e fora da proba.
8. As incripcións faranse únicamente dende a web de championchipnorte
www.championchipnorte.com/. O prezo da inscripción ven sinalado no regulamento do Circuito de Carreiras Populares de Ribeira, 8 euros para as 4 probas e 3 euros por probas individuais.
A IDADE MÍNIMA É DE DAZAOITO ANOS. A ORGANIZACIÓN PODE PEDIR A DOCUMENTACIÓN DE CALQUER ATLETA PARA COMPROBAR OS DATOS.
NON SE ADMITIRÁN INSCRICIÓNS O DÍA DA PROBA NIN A PARTICIPACIÓN DE CORREDORES SEN DORSAL
RETIRADA DE DORSAIS:
O mesmo día da proba en Teira, entre as 16:00 h. e 17:15 h. ata 15 minutos antes do inicio.
9. Crease unha modalidade de parellas (mixto, muller-home). As parellas teñen que completar o percorrido xuntas, quedando eliminadas todas aquelas parellas que incumplan esta norma.
A saida vai ser a mesma hora que a carreira absoluta, podendo a organización retrasar quince minutos a saida desta modalidade si o número de inscritos fan convinte esta modificación horaria.
10. Trofeos:
Recibirán trofeo os vintecinco primeiros homes.
As cinco primeiras mulleres.
As cinco primeiras parellas.
A carreira esta integrada no V CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES DO CONCELLO DE RIBEIRA,polo tanto todo-los participantes puntúan para a clasificación final xeral do mencionado circuito.
11. CALQUER TIPO DE RECLAMACIÓN DEBERÁ SER REALIZADA INMEDIATAMENTE DESPOIS DO REMATE DA PROBA PARA NON ENTORPECE-LO DESENVOLVEMENTO DA MESMA E SERÁ NECESARIO XUSTIFICAR DOCUMENTALMENTE A IDADE E A CONDICIÓN DOS ATLETAS PARA PODER ACCEDER ÓS PREMIOS.
12. No Polideportivo municipal de Sirves-Olveira (situado a 3 kms de Teira), os atletas terán a súa disposición vestiarios e duchas
13. A asociación “Real e Ilustre Cofradía da Dorna” non se fai responsable dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira. A organización aconsella ter un seguro de accidentes.
14. O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Descalificarase a toda aquela persoa que non cumpla o presente regulamento, non complete a totalidade do percorrido, transite por fora dos camiños marcados, non manteña unha actitude de respeto cara o medio ambiente e os membros da organización, tire botellas de auga fora dos recipientes preparados para elo ou incumpla a súa obriga de auxiliar a un participante que o solicite.
Fantástica carreira a do Corgo
Unha paisaxe fermosísima e un ambiente moi familiar, recomedable 100%
Saudos e a correr
Nunca correrei só...