Xov, 19 Abr 2012, 11:38
Asunto: Re: 1ª Edición Carreira Popular Concello de Poio
Ola Patricia,
Alédome que preguntes por este tipo de detalles xq, a verdade, non fixemos referencia en ningún momento.
Neste senso tes que saber que os participantes terán tódalas facilidades que se merece un corredor popular (e os non populares tamén), a saber:
O lugar das inscripcións e recollida de dorsais será dentro do pavillón da Seca (a escasos metros da saída).
No mesmo espacio teredes un lugar habilitado como servicio de gardaroupa onde podedes deixar as vosas mochilas mentres realizades a carreira.
E, por suposto, despois de correr tedes á vosa disposición unha zona para estirar e as duchas do mesmo pavillón onde vos podedes acicalar para ir a comer unha boa mariscada ou o que se tercie en calquera dos establecementos hosteleiros existentes no Concello de Poio.
Xa que falas da regata que se vai celebrar o mesmo día na ría de Pontevedra (poderemos ver os barcos dende a zona da carreira) aproveito para saudar á xente do Clube de Vela Combarro que nos está apoiando na difusión deste evento.
Gracias a ti e os que veñen contigo por participar nesta carreira sabendo que facedes un esforzo moi grande para cadralo dentro da vosa preparación para a maratón de Praga.