Mér, 25 Abr 2012, 17:55
Asunto: Re: Maratón de Toral de los Vados. Opiniones
Eu non diría que Toral e en xeral o Bierzo sexa fóra de Galicia, de feito foi Galicia ata 1833, cando a un político lle pareceu oportuno incluila en León.
A maratón de Toral ten como hándicaps que se corre practicamente sólo a segunda metade da carreira, tamén que hai unhas rectas de moitos quilómetros dende Campo na Raia(Camponaraya) ata Ponferrada e saindo de Ponferrada, pero o problema máis importante que hai que anticipar é que ás veces fai moito calor no tramo final.
A carreira en si é preciosa, faise unha excursión polo Bierzo, Toral-Cacabelos-Campo na Raia- Ponferrada e volta a Toral, é un percorrido circular.Non ten grandes dificultades, só hai que controlar que dende o quilómetro 11 ata o 15, dende Cacabelos á entrada en Campo na Raia, hai unha subida importante e un tramo de tobogáns, despois ven a famosa recta de seis quilómetros ,todo chán, e así ata a meta,hai que cuidar o tema sicolóxico porque verse diante daquelas rectas toca a moral, pero, na miña opinión faise levadeiro.