Lun, 30 Abr 2012, 20:06
Asunto: Re: 101 PEREGRINOS ( PONFERRADA )
Antes de nada aplaudir e felicitar a todos os que nos presentamos na liña de saida.
Era a miña primeira carreira de longa distancia e non será a última. Cometín varios erros de principiante, o primeiro foi a eleción do pantalón unha vez que vin que o tempo era de borraxeira e non de choiva, e a larga produxome rozaduras na entreperna. O segundo erro foi a mentalidade de competición (o obxetivo de querer rematar en 12 horas, o final 14:34). O terceiro erro foi non enviar unha mochila con outras zapatillas e roupa por medio da organización os quilómetros 39 e 73.
Bueno, a miña proba o final converteuse nunha 'carreira' de 40 qms seguida dunha 'andaina' de 60, debido as rozaduras na entreperna e a unha pequena ampolla no pé dereito, que non me permetían nin trotar nas baixadas. Aproximadamente no qm. 45 cambiei os calcetíns e ocurreuseme poñer a 'braga' a modo de compresa, e creo que gracias a iso fun capaz de rematala proba.
No mirador de Orellán (qm. 55) alcanzoume o meu compañeiro Alber, que decideu acompañarme andando o resto da proba.
Dende o avituallamento de Santalla no qm. 73, compartimos camiños e charlas con Fermín (de Bilbao) gran aficionado os ultras, o cal lle comentamos que na saida vimos un home de bastante idade cunhas medias de lana ata a rodilla e unhas 'chanclas' (se vexo algunha foto del xa cha envio M'Corredoira) e dixonos que se chama Benito e que ten invitación todolos anos para a Zegama.
O rematar o bucle de Santalla fixosenos de noite e tivemos que usar os frontais nos últimos 15 qms., quizas algún menos, xa que nos comentaron algún das bicis que lles saíran sobre 96 qms.
O peor de toda a proba foron os derradeiros 2 qms pola ribeira do Sil que se nos fixeron interminables, xa que Alber tivo un problema na planta dun pé que non lle permitía nin camiñar, neste tramo Fermín sacounos como 25 minutos.
A lectura positiva da proba foi a gran fortaleza mental, xa que o ter rozaduras tan cedo pasouseme pola cabeza varias veces o feito de ter que abandoar. Tomeino con moita calma, falando con ciclistas e marchadores que atopaba polo camiño, tentando olvidarme dos meus problemas e pensando noutras cousas que me motivasen (algunhas das cales xa levaba preparadas).
Agora, despois de rematar a proba, considero que me faltaba moito entrenamento fisico para este tipo de probas, ainda que o psicoloxico sí creo que o levaba moi ben entrenado (sempre procuro ser optimista, buscar o lado positivo).
Por último, dar as gracias a organización, colaboradores, etc. Para min os avituallamentos estiveron moi ben, a marcaxe tamén, o trato dos veciños dos pobos, etc.
E como soe pasar case sempre o peor da proba é a falta de educación e respeto polo medio ambiente. Non entendo nin entenderei nunca a esa xente que emporca os camiños cos envoltorios da comida, os botellíns de auga, e incluso os neumaticos das bicis.