Dom, 06 Mai 2012, 18:29
Asunto: Re: VI Carreira Campo a Través do Corgo-Corrubedo
Sexta participación nesta carreira absolutamente imprescindible no meu calendario anual, e sigo pensando que é unha das organizadas con máis cariño e adicación de todo o circuito galego. Un 10 para todas as persoas involucradas na organización e para os participantes que, como cada ano, deixan o listó moi alto nun percorrido sempre duro e fermoso. Seguide así por moitos anos, que eu seguirei asistindo (salvo que medie unha lesión moi seria) en calquera das súas modalidades.
Van xa dous anos que participo na modalidade de parellas mixtas e estou encantado de que exista, porque permite compartir as sensacións e o sufrimento así como gozar da pasión que profesamos por este deporte nun medio natural case virxe que convén manter libre de especulación urbanística e industrial... porque con ese sentido naceu esta proba hai xa seis anos.
Polo que respecta á miña parella, comentar que soubo sufrir como unha campeona: primeiro pola calor que pasamos na primeira parte, logo pola dureza da praia, e finalmente polas costas de impresión coas que sempre nos gratifican no Corgo. Menos mal que no tramo do piñeiral, que non desmerece para nada a fermosura do resto do percorrido, aproveitou ben as baixadas e deu mostras do seu gosto polas carreiras no monte. Só nos queda agardar que se recupere da súa lesión e mostre todo o que pode dar de sí en vindeiras carreiras de montaña. Un aplauso para
Pili
Como sempre, unha aperta moi especial para o compañeiro
Moncholeiro, sempre tan amable e servicial detrás do grifo de cervexa, e os vellos compañeiros
Castiñeiras, en labores de voluntario, e de
Urko, involucrados os dous dende a primeira edición e sempre atentos con nós.
Por certo, este ano foi no que máis pozas pasamos ou foi sensación miña
?