Mar, 08 Mai 2012, 6:36
Asunto: Re: tecnica minimalista en montaña
é unha pena que estos fíos rematen así, pero parece ser o NATURAL
Procurarei non caldear máis o ambiente
kikotr3, estás de coña non? preguntoo porque xa non sei que pensar do que se lee aquí
eu creo que
guti et al. están moi satisfeitos de correr de xeito minimalista, que non descalzos!! O que non podes facer é correr con zapatillas minimalistas, ou pes espidos, e aterrizar sobre o talón. Eu SI probei a correr con alpargatas e descalzo e é moi agradable. Non che pesan os pes, é o primeiro que notas. Pero tes que ir MOI POUCO A POUCO, pois levas anos usando uns músculos/tendóns durante anos e non podes de golpe a porrazo facer 5km así ao bruto.
Non me gustan nada as caricaturas que facedes para ridiculizar aos que corren descalzos ou minimalistas. Vexo aquí o mesmo desprecio que con certos trebellos tecnolóxicos
Non vexo a guti et al. máis que dicir que ELES están a gusto, contan a súa experiencia. Por moi "apóstoles" do minimalismo que sexan, non temos obligación de facerlles caso. Voume extender, necesítoo. Cando dicides que esto é unha moda, por un parte tendes razón, pois desde hai un par de anos parece que sae máis nas revistas e libros e os fabricantes están enchendo estanterías con estas zapatillas. Pero por outra parte, habería que preguntarlles aos que levan a lo menos 20 anos correndo deste xeito. Teñen eles culpa de que agora descubramos o "minimalismo"?
A min o que máis me importa é o que se pode correr correr sen dor. Recoñezoo. Se antes gastaba moitos cartos en zapatillas é porque podía; cando non poida gastalos pois non o farei, pero sei que poderei seguir correndo. Pois parecería que se non tes zapatillas de 150leuros non se pode saír a correr.
Non é esto último ridículo? Non quero desviar o tema polo lado dos cartos, pois é irrelevante, tal como se ve, pois véndennos alpargatas a 100€
Personalmente paréceme máis axeitado incluso
o correr minismalista para o monte que para o asfalto. No asfalto, normalmente, levas un ritmo moito máis alto, con zancada (do tipo que sexa) máis ampla, vas máis no límite, mentras no monte (cada un no seu nível) debes ser moito máis consciente do teu entorno, ver onde pisas, anticiparte aos obstáculos, aproveitar as características do terreo para axustar o ritmo, ... e por suposto o terreo xa é de seu moito máis blando. Ou non o notades? E por moita "salomón" que levedes, apartades das pedras ou andades a patadas con elas? e non apartades das raices e evitades as furocas? Pois o mesmo o fan os minimalistas pero confiando nas súas pernas e pes máis que no plástico e tela das zapatillas.
Non entro a valorar o que usan os profesionáis, os que van a gañar o carto as carreiras, pois esos, loxicamente, ainda que sufran máis, se lles permite ir máis RÁPIDO usaran o que sexa. O 99% imos a disfrutar con
saúde do feito de correr, creo. E neste senso cada un debe valorar o seu caso.
Non quero pasarme e soltar aquí un discurso, ainda que o estou facendo, pero que deixar claro que non se pode dun día para outro cambiar bruscamente de técnica de carreira. Hay que facelo de xeito gradual. Exercitar os músculos e tendóns que asumirán o traballo que antes medio facía a zapatilla require semanas de preparación. Non serve de nada salvar o xeonllo se vas a joder o tendón de aquiles. Ojito!
AUTOEDITADO para manter o bo roio no foro.
...... pero está ben saber que HAY ALTERNATIVA.
-- Chámame "ghose"
Última edición por XoseM o Mar, 08 Mai 2012, 7:18; editado 1 vez