Lun, 07 Mai 2012, 22:03
Asunto: Re: III Carreira Popular Letras Galegas Vilalba, Lugo
Só corrín unha vez esta carreira, e sinto oir os malos comentarios ao respecto, pero en comparación con outras moitas carreiras ás que teño ido (de pago e/ou gratis) a verdade é que teñen o seu punto de razón.
Os organizadores non son xente habitual de ir a carreiras, polo que non saben cómo se fai, e tampouco aprenderon nada das críticas constructivas das edicións anteriores, nin se toman a molestia en facer algún comentario nesta web. Pero queda bonito, e vende moito iso de 'ter unha carreira', pódese aproveitar para lucir a roupa deportiva de Lotto, aínda que os habituais sepamos que esta proba está das últimas do ranking.
Non me vale o comentario tan trillado de louvanza a todo tipo de organizacións: non me vale porque si en vez de ser unha carreira pedestre fose fútbol, íades ver un despliegue de medios de carallo, que para o Racing en Vilalba sí que hai cartos. Será porque o Alcalde e familia xogaban-xogan ao futbol, pero non se soubo que correran nunca. E non me vale o comentario porque a 3ª vila da provincia debera ter potencial para facer as cousas ben feitas. Que para que veñan os corredores de toda Galicia a levarse unha mala imaxe, mellor é que non veñan e que vaian a outras carreiras da nosa xeografía.
Xa están as fotos. Menuda cara poñía o público ante o paso dos atletas... sobre todo o porquiño...