Mér, 17 Xan 2007, 1:28
Asunto: Fuboleros...Fuboleros
Como adestrador de rapaces de Fútbol e Atletismo gustaríame aclarar dúas cousas:
-Recoñezo de antemán, que teño prexucios contra o deporte de élite en xeral, e os futbol profesional en particular(porque coido que están supravalorados e suprapagados)
-Descoñezo a vosa experiencia, eu non pasei de 3ª división en Fútbol, tamén tuve a sorte de practicar Balonmán e Atletismo (ámbolos dous en categoria amateur).
Eu parto da base de que a maioría dos deportistas profesionais teñen como obxectivo prioritario gañar cartos. Como decía algún xogador nunha entrevista, para divertirse xa bota partidos cos amigos. Comento isto porque solen adestrar de xeito habitual e o fin e o cabo, fan o que lles mandan.
O que adestre en deportes colectivos, darase conta que non se sole buscar un pico de rendimento na temporada, senón que se busca unha condición óptima no transcurso de toda a liga (valen igual -3 puntos- unha victoria contra o BarÃ?a que contra o Xetafe). Por motivo das lesións (sobre todo nos deportes de contacto), búscase máis adestramentos de recuperación e profilácticos que facer km. e km. de "machaque" que non teñen transferencia directa no xogo.
Isto pode gustar ou non, pero o certo e que cada deporte é tremendamente ESPECÃFICO. Agora mesmo lembro o estudo feito hai uns anos na antiga URSS. Consitíu en que colleron a un grupo de maratonianos e os fixeron xogar o Fútbol. O resultado foi que ó cabo dun rato os maratonianos presentaban visibles síntomas de cansancio. Non por non estar "en forma", senón por que o xogo lles esixía uns esforzos diferentes ós que estaban acostumados. Creo recordar que que a conclusión nesta asignatura de Fisioloxóa do Exercicio foi que cada deporte de élite é moi específico, e ante preguntas coma ¿Quén é máis resistente, un maratoniano ou un deportista que fai 50 series de 20 metros?, a resposta é que son manifestacións diferentes da resistencia (que ó fin e o cabo se define como a capacidade de resistir o maior tempo posible un traballo).
Creo que estaredes todos deacordo, que si, que os adestradores e xogadores de Fútbol son vagos... pero non tontos. Vos podo asegurar que si acumular 50 km por exemplo, de carreira semanal foran unha garantía de incremento do rendimento nun deporte colectivo, sa faría sen dudalo nos equipos profesionais.
Pero o certo e que as variables técnicas, tácticas, psicolóxicas, etc. son tan importantes como as físicas. Evidentemente parto da base de que todo deportista profesional debe unha forma física mínima. Pero repito, eu e todos os adestradores serios preferimos un xogador técnico, intelexente tácticamente e con talento que outro moito máis limitado que corra os 100 metros en 11 segundos (de pouco vale si se deixa o balón atrás por exemplo...).
Eu a Casillas non lle pediría correr 6 km. Lle pediría axilidade, colocación, velocidade de reacción (é incorrecto dicir reflexos), capacidade de salto... e o máis importante que me evitara o maior nº posible de goles.
Recoñezo que hai casos en elite de xente con talento, que podería facelo aínda mellor se tivera unha mellor forma física (Ronaldo). Pero repito, non por facer 100 km. semanais garantizo bos xogadores.
Hai uns anos fun a unha conferencia de Vítori (adestrador de Pietro Menea, antigo record mundial de 400 creo recordar) e preparador físico da Fiorentina, e decía que había que desterrar a carreira continua do Fútbol, aclaraba que el so a utilizaba na pretemporada, en casos de recuperacións ou sobre-adestramento. Decía que a base de preparación do xogador moderno era o adestramento interválico de series cortas (50 series de 2o metros por exemplo), pois o Fútbol é unha sucesión de continuos esforzos de corta duración e intensidade máxima e submáxima. E a ser posible utilizando sempre o balón nestas tareas.
Cada un que saque as súas conclusións. O que si creo que a laguna máis grande dos fútbolistas españois é que van pouco o ximnasio, e un adestramento ben dirixido de pesas evitaría bastantes lesións. Pero repito, e coa pouca experiencia que teño en élite, NON SE BUSCA ADESTRAR MOITO, SENON BEN.
Saúdos