Lun, 04 Xuñ 2012, 12:30
Asunto: Re: VI Subida Rocas - O Eirado (Esgos)
Marcelof escribió: |
Moi boas!
Eu fai semáns que me inscribín. Mandei por correo electrónico toda a información solicitada amáis do resguardo do pagamento pero estou intranquilo porque non recibín confirmación de que teñan recibido o correo nin tampouco me respostaron dandome o meu número de dorsal e alí estou chama que chama e non me colle ninguén. Algún de vós sabe como vai isto?? |
Boas,
se enviaches por correo electrónico todos os datos e o resguardo non debería haber problema ningún, pero de todos modos, se te quedas máis tranquilo, enviame o teu nome e xa o comprobo.
Os números de teléfono de contacto: 988290000 e 988290040 son do concello, polo que só che contestan pola mañá.
En canto ó número de dorsal, non se asignan ata que se cerre a inscrición, así que non te preocupes. Antes da carreira, poderás recoller o dorsal indicando o teu nome.
Se tes calquera outra consulta podes enviala tamén a info @ concelloesgos.com ou a mín directamente e intentaremos contestarche o antes posible.
Un saúdo.