Mar, 05 Xuñ 2012, 12:41
Asunto: Re: Carrera popular en Ordenes.
Primeira participación en ORDES e moi boa carreira, circuito duro pero entretido, e BASTANTE boa organización.
Digo bastante boa, e NON MOI BOA, porque non é o caso...
Vaia por diante a miña felicitación, pero tamén penso que debemos sinalar os aspectos a mellorar, sempre dende un ponto de vista constructivo.
1º. Penso que ningunha carreira dos nenos debe coincidir ca dos maiores, porque é lóxico que os pais,nais queiran ver correr ós seus fillos...
2º. No tema da distancia, non entendo que se sumen metros de mais tan alegremente -case nunca de menos- porque sí que é moi importante para alguns atletas que os km se axusten bastante á realidade, polos ritmos e demáis... e non falo de homologación, senón de coller unha simple bicicleta (dende logo a cousa andaría polos 9 km escasos)
3º. Na chegada, no meu tempo -sobre os 45min- formóuse unha cola demasiado grande para recoller bebida e demáis. Sei que é dificil, pero hai que axilizar este tema e non que cada un se poña a probar a camiseta a ver que tal lle queda antes de collela...
Resumindo, felicitacións de novo, e a tratar de mellorar...
Vémonos, con sorte, para o ano.
(Por certo, o pobo chámase ORDES, non Órdenes)