Xov, 14 Xuñ 2012, 11:48
Asunto: Re: Campeonato Gallego de Veteranos en LUGO el 10/Junio/2012
Xa que o tema do
10.000 en pista ó aire libre xenera tanto debate déixovos aquí o enlace cunhas fotiñas que tirei xusto nesa proba. Non pretenden demostrar nada, pero xa que o tema gusta tanto...
Espero que non vos aburrades moito vendo sempre as mesmas caras... é algo que adoita suceder nestas probas taaaaaan longas!!!!
Para o resto deixo un enlace con algunhas
poucas fotos de lanzamento de xavelina e de salto de lonxitude así como de
diversos momentos da xornada de tarde.
Por certo, se alguén quere a versión orixinal da foto non ten máis que pedila a través do correo do noso equipo
equipocarma @ gmail . com e nuns días tentaremos enviarvos a que nos digades.
Sobre o resto dos acontementos non vou aportar nada novo ó que xa dixéchedes todos. Unha pena que este tipo de campeonatos sempre teña os mesmos problemas ano tras ano e sexa a Delegación que sexa a que os organice
... porque algo similar pasou en Ourense hai dous anos
e case case o mesmo en Pontevedra o ano pasado
. En fin, para o ano que ven onde toca? Coruña? Santiago?