Sáb, 23 Xuñ 2012, 8:09
Asunto: Re: V Baixada Popular San Pedro de Visma (A Coruña) Sábado
Recordo que o ano pasado xa nin me inscribira polas altas temperaturas previstas cunha semana de antelación. Son cousas que soo mirar non só por carreiras, pero esta vez aseguro que non fará máid duns 23ºC (no termómetro e a esa hora, outra cousa é a temperatura que acade o pel pola exposición solar).
Este gráfico ilustra ben o que pasará:
progresivo aumento das temperaturas dende xa e ate o 27 (cando seguramente pasarremos dos 30ºC na Coruña
) cando un rápido descenso terá lugar pola chegada de ar húmido e moito máis fresco do mar que difícilmente traerá precipitacións ainda que sí bastantes néboas propias da época e destas situacións co mar aínda frío e quén sabe se algún orballo despistado e pouco mesto.
No mapa vese que para o día 30 habería uns 9ºC a uns 1500 metros de altitude (850 hectopascais) que ás 5 da tarde ben poderían ser uns 22-23ºC nas inmediacións do parque de Bens.
Polo tanto toca sufrir polas costas e demáis elementos inoportunos, pero esta vez o tempo colaborará.
Un saúdo e ánimo a todos a participar.