Lun, 25 Xuñ 2012, 14:02
Asunto: Re: Carreira Nocturna de San Xoán, Vigo
Vaia, ho, e eu que cheguei emocionadísimo á liña de meta... Emocionadísimo, dicíndome que por fin podiamos correr a San Xoán viguesa sen medo a atoparnos un coche en sentido oposto e en rumbo de colisión coa nosa fráxil humanidade (agás o que estaba aparcado xusto na saída, á dereita, ollo), pois o tráfico aparecía cortado de verdade no tramo de Beiramar entre Bouzas e a rotonda da Coruña. E resulta que, de entrada e antes de que se procedese a correxilos, os tempos outorgados foron xenerosos, polo tanto irreais (será porque non hai alfombra de saída e, por exemplo, este ano saímos de máis atrás que o pasado?); resulta, tamén, que logo de tropecentas edicións, a carreira ten 8.600 metros, 8.200, 7.900, 7.850... de xeito que, segundo a medición (ai!) federativa, a maioría somos case case potenciais atletas olímpicos, que papamos cada kilómetro a velocidade de vertixe; e, para maior carallada, logo desas tropecentas edicións, organizadores e/ou Policía Local fanse un cristo e están a piques de adulterar de xeito radical o resultado da proba porque descoñecen o percorrido! De aurora boreal! Isto só pasa en Vigo, nomeadamente na Carreira de San Xoán (pódense consultar as miñas críticas e outras, no fío correspondente ás edicións 2010 e 2011), se ben o inicio da última Vigo+11 tamén tivo o seu aquel.
Polo tanto, que nos depararán os, digamos, 8.600, 9.200 ou, xa postos e calculando a ollo, os 10.217 metros da Nocturna (?) San Xoán 2013?