Mar, 10 Xul 2012, 12:55
Asunto: Re: I Carreira Solidaria contra o Cancro. Padrón, 21 de Xul
Hola, os adjunto el reglamento definitivo q me acaba de mandar la organización, en lo fundamental de la información q os adelanté no cambia nada. Se lo enviaré al Admin tbn para q lo incluya en el calendario
A ANIMARSE!!!!!!!!!
I CARREIRA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO
“Memorial Patricia Carbia”
Padrón 21 de xullo ás 11 horas
O Ximnasio Atlanta e o Clube Padrones de Boxeo organizarán o vindeiro Sábado 21 de Xullo a I
CARREIRA SOLIDARIA CONTRA O CANCRO “Memorial Patricia Carbia” coa colaboración directa da
Concellería de Deportes do Concello de Padrón. A carreira desputarase as 11.00 horas, e terá a saída no
Paseo do Espolón e chegada na Praza do Souto. O percorrido terá unha distancia aproximada de 7 Km.
Celebrarase unha única proba absoluta dividida en dúas categorías: masculina e feminina. Nela
poderán participar todos os atletas federados ou non federados dende a categoría xuvenil (nados en 1996
en adiante).
A proba estará controlada e sinalizada en todo momento. Os corredores deberán respetar as seguintes
indicacións:
l Todo corredor/a que non entre en líña de meta co dorsal ben visible na zona do PEITO para a súa
identificación ou que cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola
organización, será automaticamente descalificado/a.
l Os percorridos estarán indicados, controlados e sinalizados cada kilómetro.
l A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o
tráfico ó longo do percorrido.
l Vestiarios e duchas: Habilitaranse 2 pavillóns; Pavillón do Souto (so para homes) e Pavillón
Grupo Escolar (para homes e mulleres). Horario: de 12:00 – 14:00 h.
l Os resultados serán expostos ó remate da proba.
l INSCRICIÓNS:
Ata o Xoves 19 de Xullo ás 14:00 horas na dirección de correo
deportes @ concellodepadron.es (única forma de inscrición). Os únicos datos precisos serán:
nome e apelidos, data de nacemento, clube (de telo), nº de licencia (se é ocaso), localidade de
procedencia e teléfono de contacto. Recibirase un correo de confirmación certificando a admisión da
inscrición.
l RECOLLIDA DE DORSAIS: Realizarase o día da proba no AUDITORIO DO CENTRO SOCIAL DO
CONCELLO a partir das 9.30 e ata as 10.45 horas.
l Prezo da inscrición: A inscrición tera un prezo único de 5 euros por atleta destinados
exclusivamente a loita contra o Cancro.
l Pago de inscricións: As inscricións aboaranse no momento da retirada de dorsais en
efectivo.
l TROFEOS, PREMIOS E AGASALLOS:
Recibiran trofeo conmemorativo os tres primeiros clasificados masculinios e femininos.
l ENTREGA DE PREMIOS:
A entrega de premios será ó finalizar a proba (13:00 h. aprox.) na praza do Souto. En caso de mal
tempo realizarase no PAVILLÓN POLIDEPORTIVO GRUPO ESCOLAR (Pavillón Novo), informando
oportunamente con antelación.
- Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espírito e
comportamento deportivo de todos os participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este
regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo
resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as suas decisións inapelables. A participación implica a
total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do mesmo non exime do seu obligado cumprimento.