Mar, 10 Xul 2012, 15:34
Asunto: Re: Circuito de Carreras Corre SAN-TIAGO
As duchas, por cercanía, ideal se fosen no pavillón do IES Rosalía. A ver se os amigos de Deportes falan cos amigos de Educación, e istes cos jefes do IES para que colaboren como xa fixeron noutros casos, como, por exemplo, na andaina dos 50 km do Club Fontiñas, onde o tiñan aberto bastantes horas en sábado para a xente que ía chegando.
Así atendemos ben aos foráneos que nos visiten, e os do lugar tamén aproveitamos para non ir xa para casa e quedar facendo consumo nos amigos hosteleros/restauradores da zona...
Veña, que non queda nada xa para o sábado!!