Mar, 17 Xul 2012, 21:41
Asunto: Re: CARREIRA POPULAR FESTAS DO MONTE 04-Agosto
FESTAS DO MONTE 2012
A GUARDA 04 DE AGOSTO 2012
REGULAMENTO DA CARREIRA
1º A Comisión de Festas do Monte coa colaboración da Sociedad Atlética Val Miñor e baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Vigo), organizan o día 04 de agosto do 2012 o CARREIRA PEDESTRE POPULAR FESTA DO MONTE 2012 que dará comezo as 18:00h.
2º Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu pais, excepto os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Vigo.
3º Os circuítos discorrerán polas rúas de A Guarda para todas as categorías menores.
4º A orde de saída será a seguinte:
CATEGORIA ANO DISTANCIA
18:00 Cadetes Femininos/Masculinos. 97/98 2.000 m
Infantís Femininos/Masculinos. 99/00 1.500 m
Alevíns Femininos/Masculinos. 01/02 1.000 m
Benxamíns Femininos/Masculinos 03/04 500 m
19:00 Carreira Absoluta 95/anteriores 3.800 m
Pre-benxamíns Femininos/Masculinos 05/06 300 m
Pitufos Femininos/Masculinos 07/08 100 m
ENTREGA DE PREMIOS
5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Xuvenís 95/96 Femininos/Masculinos. Veteráns A de 35 a 44 anos.
Júnior 93/94 Femininos/Masculinos Veteráns B de 45 a 54 anos.
Promesa/Sénior 92 ata Veteráns.Fem./Masc. Veteráns C de 55 anos en adiante.
6º INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome do clube no caso de non ser independente.
O prazo remata o martes 27 de xullo ás 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
INSCRIPCIONS CARREIRA ABSOLUTA DE XUVENIS A VETERANS
Terán un custe de 5 €.
Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.atletismogalego.org.onde será obrigatorio facer o ingreso dos 5€ con tarxeta na pasarela de pago da Federación Galega de Atletismo e cubrir os datos solicitados no formulario.
Tamén se pode facer a inscripción na Asociación Veciñal o Cancelon ou por medio dalgún directivo da mesma.
Tamén se poderá facer nos seguintes lugares, onde o pago será feito en efectivo:
• Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
• Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
A carreira absoluta, está limitada a 300 participantes.
INSCRIPCIONS CARREIRAS MENORES DE PITUFOS A CADETES(GRATUITA)
Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.atletismogalego.org e cubrir os datos solicitados no formulario das categorias menores.
Tamén se poderá facer nos seguintes lugares:
• Athletics Deportes, Avd. de Balaídos nº41, en Vigo.
• Piscina Mancomunada do Val Miñor en A Ramallosa –Nigrán (Serviocio).
7º Os dorsais serán entregados polo club organizador na caseta da festa do monte situada na Alameda da Guarda o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración de cada carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba.
8º Serán, motivos de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar os datos persoais.
9º O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 25 minutos do comezo da proba.
10º Premios:
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma.
Haberá recordo conmemorativo como mínimo para os 300 primeiros inscritos da carreira absoluta.
11º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio.
12º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
13º Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
14º Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
15º As reclamacións deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados. Si son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.
16º O non previsto neste regulamento resolverase dacordo co manual da IAAF. ou RFEA en vigor.
17º Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.
18º Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira.
19º Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de deportes de A Garda.
DELEGACIÓN FGA EN VIGO DIRECTOR TECNICO
ORGANIZACIÓN: Comisión de Festas do Monte coa colaboración da Sociedad Atlética Val Miñor
PATROCINIO:
COLABORADORES: AGUASANA, COCA COLA, FEDERACION GALLEGA DE ATLETISMO, LA CAIXA.
Bueno agora sólo queda que vos animedes