Dom, 15 Xul 2012, 8:30
Asunto: Re: Circuito de Carreras Corre SAN-TIAGO
Mo boa carreira. Das que quedan para sempre no recordo.
Correr de noite polas emblemáticas rúas da cidade vella e a Alameda, ter un público (a maioría turistas) aplaudindo e animando con enerxía a cada un dos corredores que iban pasando, ter a catedral como telón de fondo na saída e na meta...iso non ten prezo.
E si ainda por encima contamos con unha organización de fábula que foi capaz de organizar e controlar todo o evento en plena zona monumental, nunha cidade turística i en época de vacacións estivaís, está claro que a proba ten que consolidarse no futuro.
Por certo, tamén quero destacar o comportamento exemplar da xente allea a carreira, xa que, o contrario do que eu esperaba, non vín a xente intentando cruzar polo medio dos corredores, e dou fé que as rúas estaban repletas de xente.
Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com