Lun, 29 Xan 2007, 4:52
Asunto:
Eu tamén estive na carreira e gustariame felicitar a organización polo traballo e empeño. Sou novo no foro ainda que sempre estou lendo as cronicas e loxicamente, sempre fago uso do calendario para saber das carreiras.
O tema dos premios en metálico é delicado. Eu discordaria um pouco dos colegas de foro e explico porque: Os cartos que se gañanan nas carreiras populares (que non son moitos salvo poucas carreiras mais importantes) son practicamente a unica axuda que ten un fondista ou medio fondista de nivel mediano para buscar ser algo mais no deporte.
Dacordo que os nenos e xoves ten que ser os primeiros en atención. Pero que chaval de 16 ou 17 anos vai querer seguir adestrando con ganas cando mais facil é salir de copas, xogar a play ou simplemente estar na casa vendo a tele??? E se por encima, quitamolle o unico que podia plantexar, que era chegar a ser aquele que gaña alguns cartos nunha popular, que mais lle queda que sexa recoñecido polo medio social que vive???
Queda miña opinión de que para que os chavales poidan evoluir e subir arriba, ten que mirar e ver que hai algo arriba, si non, acaban escapandose pois eso de adestrar é moi duro e pouco gañase a non ser a satisfacción persoal, cansancio e dores polo corpo.
Saludo a todos!