Lun, 09 Xul 2012, 7:31
Asunto: V CARREIRA POPULAR SAN SALVADOR CONCELLO DE BAÑOS DE MOLGAS
Un ano máis estamos a organizar a Carreira do San Salvador.
A inscrición é gratuíta para todalas categorías, tendo como novedade este ano unha carreira máis de 1.200 m para a categoría Benxamín/Alevín facendo un recorte no percorrido orixinal (igual que no 2011).
A categoría de "Pitufos" non é necesario anotarse.
Data: sábado, 4 de agosto de 2012.
Hora:
18:30 - categorías de base
20:00 - carreira de 7.000 m
Lugar: Saída e Meta no Parque Ansuíña (Ponte Nova).
Categorías:
- Pitufos: Ata 2004 (8 anos)
- Benxamín/Alevín(M-F): 1999-2003 (de 9 a 13)
- Infantil/Cadete(M-F): 1995-1998 (de 14 a 17)
- Xuvenil/Junior(M-F): 1991-1994 (de 18 a 21)
- Promesa Senior: 1976-1990 (de 22 a 36)
- Veteranos A: 1966-1975 (de 37 a 46)
- Veteranos B: 1956-1965 (de 47 a 56)
- Veteranos C: 1955 (57 en adiante)
- Feminino: Promesa Senior/Veteranos
Distancia:
- 150 m Pitufos
- 1.200 m Benxamíns e alevíns
- 2.300 m Infantís e cadetes (1 volta)
- 7.000 m Resto de categorías (3 voltas)
Organiza: Concello de Baños de Molgas
Inscrición:
- Concello de Baños de Molgas. Teléfono: 988 43 00 00.
De luns a venres. Dende as 9:00 ata as 1400 h.
- proteccioncivildemolgas @ hotmail.com
- Turini Sport. En calquera das dúas tendas (Sto. Domingo e Avda. de Habana)
Data límite de inscrición: ata o 1 de agosto de 2012
DATOS OBRIGATORIOS: Nome, Apelidos, NIF, Data de Nacemento completa, Club (dato non obrigatorio), Localidade e Teléfono.
Premios: Haberá trofeos e medallas para os primeiros clasificados así como sorteo de diferentes agasallos.
O final da carreira os participantes poderán ducharse nos vestiarios da piscina municipal.
O Concello de Baños de Molgas contará para o evento con diversos medios para garantir a seguridade dos participantes e público asistente: ambulancia, médico, Protección Civil e voluntarios.
Un saúdo a tod@s