Dom, 15 Xul 2012, 22:20
Asunto: Re: Campeonato Gallego de 10 Km en ruta 2012
Hola
juandertaker. que plantexas é moi sinxelo e eu que estou na FGA teñoo moi claro, porque esto xenera moitas confusións:
- O primeiro é que ti corres unha carreira popular da cal existe unha clasificación na cal entran todos os corredores inscritos no tempo e forma precisos que logren chegar á meta. Polo tanto, se estás apuntado a todas as probas do circuito entrarás nesa clasificación.
- O segundo é que se celebra, aproveitando que existe esa carreira popular, un Campeonato Galego. Aclaro esto porque moita xente pensou que o Campeonato Galego de 10 km en ruta era a carreira Coruña10 que se celebra en outubro, e esta non deixa de ser unha carreira popular como é a de Riveira nin se vai a deixar de celebrar. Pois ben, no regulamento da proba requirirán ós atletas que desexen participar no Campeonato Galego unha inscripción a parte, normalmente a través do sistema online da FGA, na cal tamén estarás.
En resumidas contas:
- Haberá unha clasificación da carreira (na cal estarás),
- e outra na do Campionto Galego (na que tamén estarás).
Unha aperta.
El verdadero significado de las cosas se encuentra al tratar de decir las mismas cosas con otras palabras (Charles Chaplin).