Dom, 12 Ago 2012, 21:40
Asunto: Re: Carreira Pedestre de Ortigueira
Pois si, apeteciame correr na terra que veu nacer os meus pais, e alá fun.
Como estas datas son un pouco complicadas ,de reunions e outros temas, tiña que organizar un dia de campo con uns amigos, e que mellor lugar que a praia de Morouzos, alá fumos 11 persoas entre maiores e nenos.A media maña estaba pasando co coche polas mesmas estradas que logo ibamos percorrer, comida campestre, visita a orilla da praia cos cativos, e logo sobre as 6 da tarde, movo toda a infraestructura de 3 coches para o porto de Ortigueira, me colgo o dorsal no peito, me xunto cun par de compañeiros que iban tamen correr, quentamos , e alá vamos as 19 horas en punto.
As mismas costas que en coche parecian suaves, tornanse bastante mais duras e longas. Logo, dende a rotonda da praia, a volta pola costa e mais levadeira no desnivel pero non no tema do vento que pega de frente con forza.
O final rematamos con un sabor moi agradable, auga e platanos, ademais dunha camiseta. Boa organización e por momentos grandes paixases e vistas o mar.
O unico PERO, a meu modo de ver, era o escaso publico no recorrido, pouco e ainda enriba soso, poucos ou ningun aplauso, nin gritos de animo.
O final no meu sensor de pe sairon 7. 550 kms.
saudos