Lun, 13 Ago 2012, 12:27
Asunto: Re: Radios y televisiones machacan el atletismo
a verdade e que estas semanas cando topabas cun periodista que parecía saber do que falaba dábanche gañas de darlle un premio. As actitudes e vicios que teñen co futbol casaban moi mal con outros deportes.
Dicía un peridista o outro día que "a xente come o que lle boten no plato", vindo a dicir que se nos empachan con vacuidades futbolíscas entón entenderemos deso. Se nos telediarios dedicasen máis de 30" a "outros deportes" quizáis cambiase algo na mente do que o ve.
A sobreexposición futbolística é abafante. Non teño nada en contra do fútbol coma deporte, ao contrario, pero foi un alivio (é triste dicilo) que fosen elimados a primeira de cambio.
Creo que como clientes temos a responsabilidade de ser esixentes cos medios de comunicación con respecto ao que "nos botan de comer". O problema é como coa tv-lixo, non existe responsabilidade social por parte dos medios de comunicación. Buscan a mellor relación coste beneficio e merda lles importa o tipo de sociedade que fomentan.
Vistes o 1500 do decathlon? parecía que daban pena e ían correndo a 3'/km (aprox.). E son uns máquinas esa xente!!! O 95% de nos non é capaz de seguilos nin unha volta a ese ritmo.
Cada deporte ten as súas virtudes, e non caben comparación directas sobre o "mérito" de cada un, pois o nivel competitivo é sempre enorme en todos. Vistes a explosión física e mental dos que practican esgrima? imaxinades o esforzo e tensión que deben soportar para que cando gañan festexalo así? Despois comparadeo cos pitamonas dos futbolistas cando lle meten o cuarto gol a un equipo que non está capacitado para siquera chegar a inquietalos.
edito: foi tema comentado a portada do AS con CR7 a toda plana e un cadriño mínimo para a exhición portentosa de personalidade, forza, talento e "juevos" que hai que ter para plantarse nunha final olímpica e gañar como o fixo Rudisha.
Podería tamén elaborar sobre a condescendencia con que en xeral foron tratadas "nuestras chicas"
Mira pa elas, que parecía que non valían pa nada e gañaron unhas medallas
edito outra vez:
e xa me puxestes de mala h*stia recordándome o asunto!!
-- Chámame "ghose"
Última edición por XoseM o Lun, 13 Ago 2012, 12:39; editado 1 vez