Sáb, 04 Ago 2012, 20:35
Asunto: Demencial erro organizativo no Tríatlon por Relevos Allariz
Levo 5 anos facendo carreiras populares e éste é o meu segundo ano facendo tríatlon e nunca me atopara con algo parecido ao que me pasou esta tarde no tríatlon por relevos de Allariz.
Vaia por diante que respecto as organizacións das probas e sei do esforzo e traballo que leva preparar unha carrera, pero hai cousas que eu non podo entender.
Tocábame facer o sector de carreira a pe do meu equipo. Na saída eramos, segundo a folla de inscripción que se pode mirar na páxina da Federación Galega de Tríatlon, 39 corredores, todos saíndo á vez.
Dan a saída e cando levamos feitos aproximadamente 1 km ou 1km e medio chegamos ao cruce da carreteira nacional e para miña sorpresa, un voluntario de Protección Civil ¡¡¡mándame parar e dalle paso aos coches!!!
¿Que carreira é esta? Vale que non son os xogos olímpicos nin ía gañar nada especialmente importante pero pareceme unha falta de respecto aos corredores.
Por una parte está o feito obvio de que a xente que levas por diante te colle vantaxa e os que veñen por detras recortan e por outra banda vas collendo ritmo e coas pulsacións aceleradas e así de repente mándante parar. O cabreo que collin foi importante e as miñas formas nese momento seguramente non foron as máis correctas pero ese individuo vestido de laranxa aínda lle pareceu mal que eu lle increpara.
Vale que curtar o tráfico nunca carreteira nacional é algo delicado, pero non falamos dunha carreira popular de 1000 inscritos onde do primeiro ao último pode haber varios minutos de diferencia, ¡¡éramos 39 inscritos!! ¿¿qué custa curtar durante 5 minutos unha carreteira para esperar que poidamos pasar todos e competir en igualdade de condicions??
Do importante cabreo que tiña por isto xa me retirei da proba, porque penso que adultera completamente os resultados e non é xusto nin para mín nin para ninguén.
A xente coa que falei ao chegar a liña de meta opinaba o mesmo ca min, non sei se é esaxerar pero a verdade que me pareceu lamentable e a explicación que recibín da organización é que levan 10 anos organizando a proba e sempre foi así.