Foros ›
Autor
Mensaxe
Darreina

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/09/11
5 Carreiras
258 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2012, 7:04
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Pois a fixoseme moi dura. Ese Km final terrible. Pero o peor foi correr coas zapas empapadas. Teño corrido moito pola praia pero onte houbo un par de veces que non puden esquivar a auga e acabei cunhas ampolas nos pes que meten medo. Bo ambiente. A organizacion , para outras edicions, seria importante coñecer previamente a hora aproximada de inicio das carreiras ( eu cheguei pensando que corria as 10 e era as 11) e fundamental avituallamento no medio da carreira, onte non habia moito sol pero entre a dureza da proba e o nivel de humidade era preciso liquido durante a proba. Os trofeos de Nacho Porto unha preciosidade!
Corredor_negreira

Foreiro Senior
Foreiro Senior
13/11/06
37 Carreiras
359 Mensaxes
Negreira
Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2012, 14:42
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Gustoume moito a carreira, a unica pega foi ter a saida costa abaixo pero vamos que e algo sin importancia. Correr pola praia unha preciosidade.
A organización moi ben en todos os aspectos.
Un saudo
Montrove

Maratoniano
Maratoniano
12/05/07
125 Carreiras
229 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2012, 11:33
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Despois de vinte anos modificaron o percorrido...Os últimos catrocentos metros son perfectamente suprimibles. Correr vendo o Monte Pindo non ten prezo. Coincido na fermosura do trofeo de Nacho Porto .
Saúdos.
zapasdo42.blogspot.com.es/
MIOTE

Maratoniano
Maratoniano
7/04/10
500 Carreiras
293 Mensaxes
PADRON
Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2012, 11:34
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Para mín ir a Carnota sempre é especial. A carreira bonita, un ambiente agradable e un día para pasar coa familia e disfrutar do deporte, da praia, da familia e das xentes. Os detalles de NACHO PORTO, a rosca....Grazas. O percorrido en tódalas carreiras pasa o mesmo: se che sae unha boa carreira o percorrido foi fantástico e se non che sae tan ben, pois bueno podería ser mellor...en definitiva: Nunca chove a gusto de todos/as.
ARBITRUCHO

Maratoniano
Maratoniano
12/04/09
0 Carreiras
230 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2012, 12:14
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Vamos a ver como dicen alguns foreiros nunca esta a guto de todos, organizacion calidad precio impresionante, trofeos para os tre primeiros de cada categoria, o final da carreira dura pero bonita, porque acabar na saida da praia non teria tanta xente, para min sera das fixas
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2012, 23:04
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Coincido con todo o mundo en que a carreira é especial. Correr co Monte Pindo ó fondo compensa todo (e o trato da organización, o roscón, o ambiente, as cerámicas de Porto...)

Eu tamén sacaría a subida final ó Concello. Non me deu a sensación de que houbese mais público ó redor do Concello que cando a xente se xunta na praia, e de cara ós que corren, paréceme unha chegada a meta bastante dura aínda que como vivo e entreno nun sitio semellante, non perdín tempo por iso, e cheguei mais ou menos viva...

Comparando co ano pasado, houbo mais desfase entre numero de anotados e número de persoas que chegamos a meta así en xeral, e no partado mulleres moito mais, pois había 25 inscritas e só aparecemos 12. Persoalemnte gustaríame que fósemos mais.

E tamén da a sensación de que , pese a chegada tan dura, a xente fixo mellores tempos (polo menos eu quedei moi contenta co meu).

No tempo de descanso escoiteille dicir á unha das participantes que o da area é durísimo e que non volvía máis... Eu creo que xa lle collín o gusto para unha boa tempada.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3268 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 0:26
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

(mensaxe que comecei a escribir aqui, en vez de facelo no foro de fotos e vídeos para esta carreira, e que agora non sei como eliminar... perdoade o spam involuntario Muro )
XABOU

Maratoniano
Maratoniano
19/01/11
389 Carreiras
405 Mensaxes
CARNOTA
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 13:11
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Penso que a organizacion tentou mellorar a carreira e o recorrido pra min conseguirono segum me comentaron asesorados por un grupo de corredores populares de carnota (praia de carnota runners os que vemos na maioria das populares, levan camisa e pantalon negro) acertaron de cheo a xente participou no recorrido anque deberia rematar no horreo de carnota.
miguelanxo

Foreiro Senior
Foreiro Senior
17/05/07
500 Carreiras
678 Mensaxes
O Castiñeiriño (Compostela)
Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 15:10
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Pra min restáronlle encanto, xa que non é o mesmo facer una carreira case o 100% pola praia, que engadirlle máis de 2 km de asfalto (e aínda enriba rematando en forte subida- ollo que a mín gústame moito subir-).

No obstante, entendo que habería outros motivos para ter cambiado o percorrido tradicional: facer partícipe ao pobo de Carnota pasando polo centro da vila (e iso a pesar de ter que cortar o tráfico dunha estrada principal), ter todo centrado na Casa do Concello, co pavilón para ducharse, aparcamento, bares, etc. Iso evidentemente fai a carreira mellor organizada, pero non necesariamente máis bonita.

Eu atrévome a facer a comparación xa que estiven outros anos. Aínda que supoño que quen debutase por primeira seguro que saiu encantado, como non podía ser doutro xeito.

E non me olvido: para os nenos, menuda tortura a subida... outros anos non pasaba, jejej.

Felicitar a toda a organización polo esforzo e agasallos.
Pache

Maratoniano
Maratoniano
3/10/06
0 Carreiras
797 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2012, 22:00
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012

Yo coincido con Miguelanxo, me gusta más el anterior recorrido, incluso haría la salida desde la arena misma, pero quizás para involucrar al pueblo y para los hosteleros sea más beneficioso el actual.
En cualquier caso felicitar a la organización, para mí es una de las carreras más bonitas de Galicia e intentaré ir siempre que pueda.

El corredor anteriormente conocido como Runnervago.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos