Mar, 21 Ago 2012, 23:04
Asunto: Re: Carreira das Areas 2012
Coincido con todo o mundo en que a carreira é especial. Correr co Monte Pindo ó fondo compensa todo (e o trato da organización, o roscón, o ambiente, as cerámicas de Porto...)
Eu tamén sacaría a subida final ó Concello. Non me deu a sensación de que houbese mais público ó redor do Concello que cando a xente se xunta na praia, e de cara ós que corren, paréceme unha chegada a meta bastante dura aínda que como vivo e entreno nun sitio semellante, non perdín tempo por iso, e cheguei mais ou menos viva...
Comparando co ano pasado, houbo mais desfase entre numero de anotados e número de persoas que chegamos a meta así en xeral, e no partado mulleres moito mais, pois había 25 inscritas e só aparecemos 12. Persoalemnte gustaríame que fósemos mais.
E tamén da a sensación de que , pese a chegada tan dura, a xente fixo mellores tempos (polo menos eu quedei moi contenta co meu).
No tempo de descanso escoiteille dicir á unha das participantes que o da area é durísimo e que non volvía máis... Eu creo que xa lle collín o gusto para unha boa tempada.