Sáb, 25 Ago 2012, 16:28
Asunto: Re: Carreira Popular "Andar e Correr" Baiona 2012
Ola a todos.
Eu fun a carreira por terceira vez. O de pagar 3 € non me parece mal, tendo en conta que nada é gratis, e si queremos camiseta, froita, auga, refrescos etc...etc...é normal.
Que o voluntarios ou xente da organización reciban uns polos a modo de uniforme pareceme ben, é unha forma de agradecerlle a sua labor.
O que non me gustaron moito foron os comentarios do de megafonía. Se quere comentar a proba en castelán, porque non sabe ou non quere falar galego vale. Todo sexa pola "libertá" linguistica...pero soltar frases como "...ahora vamos a falar galego para que no se enfanden los galeguistas...", da unha idea do tipo de prexuicios que ten ese señor, con todo o meu respeto.
Outra cousa que debería pensar a organización e a de colocar "caixons" de saída para evitar situacións tipo "manada do serengheti" , ou facer a saída dende outro lugar, menos pintoresco que a entrada do Parador e do parking.
grazas e un saúdo.