Xov, 01 Feb 2007, 0:07
Asunto:
Algo así falamos o outro día no CARMA ao remate da festa (a do cava catalán

) e eu dixen que pensaba que a partires dos 40 o tema xa non era que se baixara de forma, pero que millorar marcas era moi difícil... sobre todo se tiveches un pasado máis ou menos decente, claro.
Os que non temos un pasado atlético brillante, ou que resulta incomparable, carecemos de referencias (CHARLY falaba de práctica mínima de 10 anos para poder facer unha boa comparación). Eu non lembro os meus tempos de "aspirante a atleta" con 13 e 14 anos, pero xuraría que non son comparables cos que fago agora... ademáis de por categorías distintas, porque indubidablemente podería ser máis rápido nas distancias cortas, pero non tiña nen de lonxe o fondo que teño agora (en tempo e distancia de carreira, se entende

) entre outras cousas porque tampouco tiña a "cabeza" que teño agora e ahí sí que coincido con HURACAN.
A cuestión segue aberta... ¿qué é mellor? ¿Máis velocidade?,¿ máis resistencia?, ¿máis cabeciña?... supoño que dependerá dos intereses de cada quén.
Poño un exemplo raro do atletismo galego: Elías Domínguez non é un rapaz novo e non comezou nisto do atletismo con 13 anos... se a miña información non está errada coido que houbo un cambio brusco na súa vida que fixo que, para curar unha "depre", empezou co deporte e de alí a un tempo, ao atletísmo en particular... e ahí está, loitando en cada carreira cos seus aniños ó lombo... cóbado a cóbado en algunhas con Pedro Nimo (segundo na Media de Coia, Primeiro da de Pontevedra... se non me equivoco)... Evidentemente (espero) ten moito máis futuro por diante o noso Pedro, pero iso non quita que a cabeciña lle poda xogar unha mala pasada ou poida ter unha lesión (xa vimos que a malaria non tirou con él e a outro igual sí o tería feito)... en fin... son tántos os factores que poden influír que poderíase facer unha tesis doctoral sobre o tema... así que xa sabedes os de INEF ¿ou xa hai algo publicado sobre este tema?
Bueno, xa chegou de ladrillo por hoxe