Mar, 04 Set 2012, 18:46
Asunto: Re: Subida al Gundian
Boas tardes:
Adxunto envío as bases da carreira de Gundián que se vai celebrar este Domingo día 9, ademáis das mensaxes que pusen anteriormente:
[align=center]21ª CARREIRA POPULAR
“GUNDIÁN 2012”
PONTE ULLA
[/align]
A Comisión Organizadora vén de presentar a “21ª Carreira Popular Gundián 2012” en Ponte Ulla.
A proba celebrarase o vindeiro domingo, 9 de setembro, a partir das 10, 30 da mañá con saída en Ponte Ulla e chegada na ermida de Gundián, cun circuíto de aproximadamente catro quilómetros, que discorre polas marxes do río Ulla.
Estabelécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
A.- Até 8 anos (nados/as do 04 ao 2.012)
A.1 – Até 4 anos ( nados/as do 00 a 04 )
B.- De 9 a 12 anos (nados/as do 00 ao 03)
C.- De 13 a 15 anos (nados/as do 97 ao 99)
D.- De 16 a 18 anos (nados/as do 94 ao 96)
E.- De 19 a 35 anos (nadas do 77 ao 93): Feminina
De 19 a 40 anos (nados do 72 ao 93): Masculina
F.- Maiores de 35 anos : Feminina
Maiores de 40 anos: Masculina
Os/As vencedores/as absolutos/as recibirán 180 Euros (1º), 100 Euros (2º) e 75 Euros (3º) tanto na categoría feminina coma na masculina, amais do correspondente trofeo.
Os/As primeiros/as e segundos/as clasificados/as de cada unha das categorías recibirán trofeo e vales para material deportivo por valor de 50 Euros e 35 Euros respectivamente.
Os premios non serán acumulativos en ningún dos casos (ningún/ha corredor/a recibirá máis de 1 premio).
Non poderán acceder aos trofeos e premios en metálico aqueles/as participantes que non presenten o D.N.I. ou Libro de Familia (Fotocopias).
Haberá trofeos para os primeiros/as clasificados/as da parroquia en cada categoría.
Cómpre destacar tamén que haberá medallas conmemorativas para todos/as os/as participantes de todas as categorías, trofeo para o/a máis novo/a e para o/a máis veterano/a da carreira, camisetas “Gundián 2012” para os/as primeiros/as 200 corredores/as e degustación gratuíta de “Coca-Cola”, “Donuts” e “ Shark ” para todos/as os/as participantes. Sortearase unha BICICLETA DE MONTAÑA entre os/as corredores/as ao remate da entrega de premios.
As inscricións poderanse realizar no “BAR RÍOS” en Ponte Ulla (Vedra) até 15 minutos antes do comezo da carreira. Aqueles que realizaran a inscripción por correo electrónico ( administración@grupoulla.es ) ANTES DO VENRES AS 24 HORAS, TERAN COMO PLAZO DE RECOLLIDA DE DORSAIS ATE 30 MIN ANTES DA CARREIRA nunha mesa especificada
Un saudo
Ponte Ulla, a 4 de Setembro do 2012
En caso de ter algunha cuestión chamar o 657328131