Xov, 01 Feb 2007, 19:58
Asunto:
Moi ben Sunsury e Opaahí, a verdade é que sabedes de onde ben o meu nick.
O que non sabedes é como empezou todo...
fai xa alguns anos que empecei a estudar na Escola Politécnica Superior, en Ferrol, e xa se sabe que cando un comeza eses primeiros compañeiros son os que mantén pra sempre. Eran anos difíciles, e había moitas cousas dentro da universidade que nos reventaban moito, sobre todo no que se refire á docencia e a certas persoas que se supoñen que son compañeiros pero que non é tal, así que descubrimos Inet e creamos unha páxina onde poñiamos verdes a todos estes individuos. Colliamos poemas de Gabriel Celaya, A. Machado, J. A. Goytisolo, entre outros e os versionabamos

, e a páxina respondía a "epscorrupta". Tiña un correo para colaboradores "epscorrupta@talycual.com" que usei un tempo e de ahí derivou a que use ese nick.
En realidade, esto non é todo, esperarei unha orde xudicial pra desclasificar a información

rollo, non?
O de sunsury eu xa o supoñía
Caminante, no hay camino, se hace camino al andar... (A. Machado)