Xov, 01 Feb 2007, 0:48
Asunto:
buah!! mi madriña, pero cantos quilómetros fai a xente de por aquí... eu non vou botar contas que se non
.
Dentro dun mes vou correr unha media pola capital do reino, así que non me quedou máis remedio que poñerme un pouco as pilas, a pesar de todo, do tempo, da pereza, dos freixós,...
En fin trataremos de facelo dignamente, e non ser motivo para fotos morbosas botando o fígado na chegada.
Onte 50' de menos a máis, empecei suaviño a 4:30 e rematei a 4:00 (clavados, jejeje). Hoxe series de 1:30 a ritmo alto (esto é subxetivo, pero a min xa me chegaba) e 1:30 de recuperación, 10 repeticións, previo quecemento, e despois camiño a trote borriquero até casa.
Elyana, non te agobies, ten paciencia, xa verás como con ese plan de adestramento vas chegar ben á Vig-Bay, é moi progresivo e xa verás como fas unha boa media.
Un día de estes contarei os quilómetros, a ver que pasa
Caminante, no hay camino, se hace camino al andar... (A. Machado)