Lun, 10 Set 2012, 7:07
Asunto: Re: Centro alto rendimiento Marisqueiro ( rias baixas)
Moitísimas grazas a todas e todos polos ánimos
e os meus parabéns en particular a todos os que participamos nesta proba que, a pesares de non ser unha distancia moi longa nen ter un perfil complicado, se fixo especialmente dura por mor da temperatura e, sobre todo, da humidade que fixo que chorreasemos como nunca.
Os resultados do equipo foron os seguintes:
Pos. Dor. Nombre Categoría Pos. Cat. 1º Paso T.Final T/Km.
29 79 Méndez Barran, Marcos VAM 12 18:12 36:19.20 03:38 (markosmonki)
62 104 Muiños Carballo, Bruno VAM 33 19:10 38:41.08 03:52 (Govi)
68 141 Paz González, Juan Carlos VAM 38 19:31 38:54.43 03:53 (Beauvais)
90 152 Lamas Ferreira,Jorge VAM 52 20:10 40:08.50 04:01 (Lamas)
250 348 Barreira Pazos, Antonio VAM 145 23:17 45:58.26 04:36 (Banderas)
342 163 Alonso Cuevas, Francisco VAM 195 25:00 50:02.69 05:00 (Khene)
441 456 Alonso Misa, Evaristo VAM 234 37:01 1:18:14.43 07:49 (Tartarugo)
Unha boa representación. Non moi numerosa, pero máis que suficiente para esta proba na que participei onte por primeira vez das 3 edicións que leva.
Espero non faltar en vindeiros anos, pois iso de ter a liña de saída a menos de 5 minutos andando da casa non pasa todos os días.
P.D. Xa me esquecía de agradecer o labor sempre importante das e dos fotógrafos... nonsí Laura, Tania e Rubén