Mér, 12 Set 2012, 19:08
Asunto: Consellos sobre zapatillas para pisada pronadora
En fin , xa debe ser o fío número douscentos mil coa mesma pregunta, pero era por non mesturar coas consultas e respostas específicas que xa lle tedes dado a outros compañeiros.
Tiña que mercar zapatillas novas, e domesticalas un pouco antes de que se celebre a San Martiño. Levo só dous anos correndo, e como non fago mais que uns 35 km á semana, ata agora só mercaba productos Decathlon "pisada pronadora entreno diario". Pero vexo que se deterioran algo rápido para o uso que lles dou, especialmente na punteira e talón do pé dereito. Quería pasarme a outros modelos xa mais específicos, que sen deixar de ser cómodos, aguanten mais o uso.
Se alguén ten tempo,as vosas respostas serán de moita axuda. Datos de interese, ademais do xa dito dos escasos 35 km semanais e a pisada pronadora, dicir que peso 53 kg, que teño que usar plantillas, e que non paso das 2 competicións por trimestre
Gracias por adiantado