Lun, 17 Set 2012, 17:40
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña
Ola a todo o mundo.
A verdade que este ano e por diversos motivos ninguén da organización da carreira de Moraña puido estar por estes lares dándovos unha información máis fluída e concreta.
Por desgraza
, e como principal novidade desta edición, este ano vémonos na obriga de vos ter que cobrar para participar na mesma. Somos sabedores que non todo o mundo o entende, pero era o único xeito para poder cubrir algún dos gastos mínimos que exixe un evento deste tipo. Contodo pensamos que é simbólico.
Este ano os/as participantes estaredes cubertos por un seguro de responsabilidade civil, algo que, ainda que pareza mentira, non ofrecen todas as populares e desde o meu humilde punto de vista de corredor debía ser obrigatorio.
Outra novidade é que se incrementa a distancia a 10.500 metros, algo que nos foi demandado en moit@s de vós estes dous anos anteriores: que chegase a 10 km a carreira. Iso si, non ten incidencia no perfil.
E bueno, que intentaremos que o trato sexa o mellor para todos vós e que desfrutedes ao máximo en Moraña, que ao fin sodes @s auténtic@s protagonistas das carreiras