Foros ›
III Carreira Pedestre Popular de Moraña
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2012, 17:46
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Ah!! O motivo polo que celebramos a carreira en dous turnos, un pola mañá para os pequech@s, e outro de tarde para a carreira grande, responde o obxectivo de poder facer as cousas cun mínimo de garantía de seguridade para tod@s @s corredores. Algo que en Moraña nos resulta moi complicado. Por outra banda tamén é unha maneira de que vos quededes todo o día por esta terra e así coñecernos un pouco mellor.
De todos os xeitos entendemos as críticas e é algo que voltaremos a valorar na vindeira edición. Se alá chegamos claro está Silbar
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2012, 17:50
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

@s que non coñezades a carreira dicirvos que o perfil é claramente rompepernas, pero completamente asumible pra todo o mundo Guiño
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2012, 18:22
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Invitovos a vir a Moraña que dende a organización sacaremos o noso mellor trato e amabilidade para os corredores.

Tamen vos ofrecemos un gran circuito que percorre espazos como pequenos pobos con bonitos camiños ata os montes cercanos, e como non, un circuito pola propia vila.
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2012, 18:31
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Eu fun o ano pasado e a recomendo.
por certo a saída da maior é as 17 ou 17.30, xa que por algún lado vin a segunda hora e noutros a primeira
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2012, 19:15
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Acabo de inscribirme. Tiña, e sigo a ter, as miñas dúbidas de como acabarei despois de facer pola mañá os 10 km de Samil pero creo que hai que apoiar a xente que fai e se esforza en facer este tipo de eventos deportivos para que os demais poidamos desfrutar. E a mellor maneira de apoiar e ir correr, neste caso a Moraña!!! Ve´monos o domingo e se vedes a algún chegar no coche vasoira...ese serei eu!!! jajajaja!!!
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
490 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Lun, 17 Set 2012, 19:40
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Moraña... Eu corrin a primeira edición. Tentarei volver a estar este domingo. No reglamento que é do ano pasado chamoume a atención que a categoría senior vai ata os 40 anos, non coma noutras carreiras... isto segue igual?? O ano pasado casi todos os primeiros eran senior Indiferente
Dieguinho_Gz

Novo foreiro
Novo foreiro
12/09/11
0 Carreiras
33 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 19 Set 2012, 20:50
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Vamos! que mañá remata o prazo de inscrición!
mac-ray

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
30/05/11
0 Carreiras
1311 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mér, 19 Set 2012, 22:42
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

miña nai, xa o ano pasado se me fixo longa de máis, aver agora, jaja, que simpáticos os que pediron máis km ayayayayay
davidz666

Novo foreiro
Novo foreiro
7/03/12
15 Carreiras
8 Mensaxes
Teo
Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 4:54
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

¿Algúen sabe se o horario ao final é as 5 ou as 5.30 para a carreira de adultos?
E por certo ¿é un circuito de unha soa volta ou varias?
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 8:29
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

O circuito é dunha volta soa. O horario teño dúbidas xa que nuns lados está nunciado ás 17 horas e en championchip ás 17.30. a verdade que eu prefiro ás 17.30 para chegar con máis tranquilidade despois da carreira da mañá.
secaiv

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
30/03/08
0 Carreiras
237 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 8:45
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

A carreira vai todo por asfalto, ou vai por terra?
gertiz

Maratoniano
Maratoniano
15/08/11
0 Carreiras
560 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 8:52
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

Se mal non recordo vai por asfalto. O que non sei é coma este ano é un pouco máis longa que o do pasado se a parte nova vai por terra ou asfalto, pero o que eu recordo do ano pasado foi todo asfalto.
opetouto

Novo foreiro
Novo foreiro
20/09/12
0 Carreiras
3 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 11:33
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

bos dias a tod@s!!! aclararvos que a carreira absoluta celebrarase ás 17.00h.
correxiremos a hora na páxina de championchip. disculpade o erro Guiño

Recordade que hoxe, ás 22.00h remata o prazo de inscrición!!!

Saudiños!!!e bo proveito!!!jejeje
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 15:00
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

A carreira vai ser ás 17 hras.
O percorrido discorre todo por asfalto, hai unha pequena modificación pero non inflúe no perfil do percorrido. Nono
Outra cousa. O tema das categoría senior, pois é verdade que aglutina a un abano amplo de idades. Lamentamos que haxa xente que se sinta perxudicada por isto, e por suposto que será algo que valoremos no futuro; pero na 1ª edición, tiñamos moitas máis categorías e atopámonos con que a metade dos trofeos sobraron. Por desgraza os medios dos que dispoñemos son escasos Chorando e temos que rentabilizar ao máximo os recursos, polo que nos vimos abocados a adoptarmos este tipo de medidas. De todos modos, insisto que tomamos boa nota de cara a vindeiras edicións.....aaahhh e grazas por participardes Moi feliz
moraña

Novo foreiro
Novo foreiro
2/09/09
0 Carreiras
36 Mensaxes
Santa Xusta de Moraña
Respostar citando Envío Xov, 20 Set 2012, 15:01
Asunto: Re: III Carreira Pedestre Popular de Moraña

veña que xa só quedan unhas horas pra se poder inscribir......





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos