Mar, 06 Feb 2007, 12:19
Asunto:
Fixen a votación, pero agora se me permitides xustifico a miña decisión:
Do mesmo xeito que as ONG's cando van a realizar tarefas a outros países, o fan cun afán non colonialista, non pretenden cambiar a cultura deses lugares, cando organizan actividades de carácter lúdico, informativo, ou reinvindicativo en países, nacións, comunidades autónomas ou rexións (como queirades dicilo) do primeiro mundo o fan apoiandose na súa idiosincrasia.
Pois se pretendemos axudar a outros negándonos a nós mesmos, mal apoio lles prestamos a eles e a nós.
As ONG's teñen como fundamento das súas organizacións, que ás persoas ou lugares hai que axudalos independentemente da súa raza, etnia ou zona xeográfica, e da mesma forma non hai unha soa raza, etnia ou zona xeográfica que preste esa axuda. Por eso se dende Galicia se axuda, a mensaxe, penso, debe ir en galego.
Por outra parte, se alguén deixa de acudir por ser o lema en galego, non entendo como quere axudar a xente que fala en linguas que descoñecemos. E dendelogo penso que a súa axuda non é sinceira, ou é discriminatoria, bastante triste en calquera dos dous casos.
As ONG's non pretenden colonizar, nin a que hai que axudar, nin a quen axuda.
Caminante, no hay camino, se hace camino al andar... (A. Machado)