Mér, 26 Set 2012, 11:19
Asunto: Re: Circuito de Carreras Corre SAN-TIAGO
PREMIOS
Os premios ó circuíto serán entregados nos días posteriores á conclusión da derradeira
proba no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés-Hipercor).
Outorgaranse premio aos 3 primeiros clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
Tamén se entregará premio especial aos 3 primeiros clasificados da clasificación xeral
de escolares e de adultos.
Os 3 centros escolares e clubs que acheguen máis participantes á categoría de
escolares percibirán premio especial (imprescindible cubrir o formulario previo de
inscrición).
Os 3 clubs que acheguen máis participantes á categoría de adultos tamén percibirán
premios especiais á conclusión do circuíto(imprescindible cubrir o formulario previo de
inscrición)
Para ser un circuito de catro carreiras a 5$ cada unha e organizada polo concello coa colaboración do corte inglés, penso que sería bonito que se derán premios a máis participantes, polo menos ata o quinto da xeral, sobre todo cando non se da nada nas probas individuais,se algún día organizo unha carreira, jeje, intentaría darlle premio por moi simbólico que fose ata os dez primeiros da xeral e cinco por categoría, penso que é unha motivación moi bonita, que non custa nada económicamente.
Un participante por exemplo que solo poida participar en unha das carreiras, e a gañe, marchará para casa con .... unha camiseta ?
Podemos dicir que o que se intenta e premiar a participación en todo o circuito, perfecto, pero un participante que nun caso hipotético e xa imposible quedase de cuarto nas catro carreiras podería darse que tampouco recibise premio nin mención de ningún tipo, para min esto é un erro, e pasa en máis de unha popular.
Espero que non se tome a mal, é unha humilde opinión.