Mar, 25 Set 2012, 19:26
Asunto: Re: VI Tríatlon da Amizade
Por partes, de atrás para adiante. Pois si, a mediodía de hoxe había inscritos 30 federados, 1 equipo de relevos e 20 con licencia de 1 día, a maioría dos de licencia de 1 día, ainda non entregara a documentación. Así que algún non irá.
A participación dos galegos rondará uns 50.
Sempre se apuntará algún a última hora, cousa que complica a organización, porque hai que pasar os datos a FPT que son os que levan este ano o cronometraxe.
É importante inscribirse dentro dos plazos, que organizar este tinglado da muito traballo.
Siguiente duda. Na proba de menores tamén hai mui pouquiños. Non creo que cheguen a 20 e de Portugal non ven ningún cativo. O ano pasado, ó final apareceu un, que eu recorde.
Con todo, a proba dos pequenos é mui chula e vamos a cuidar todo-los detalles para que os rapaces disfruten do día e marchen contentos.
O que si pediríamos ENCARECIDAMENTE, que familiares, pais sobre todo, se manteñan ó marxen da proba, que nos entreguen os rapaces e que os deixen disfrutar. Sin atosigalos.
Creemos que temos toda-las medidas de seguridade para faer ben as cousas, ambulancia medicalizada, personal nos cruces, bicis de acompañamento...
Así que agradeceríamos que, xa os rapaces son competitivos de por si, e o importante é que os deixen disfrutar do día, sin interferir na proba.
Fixemos un cambio e non se pasará polos escalóns, irase por outro lado, eliminouse ese tramo duro, mui a meu pesar, para evitar pisar o gramón da plaia e que se deteriore.
A zona está recientemente "humanizada" hai zonas novas e está o castillo que está baixo a jurisprudencia de patrimonio.
Temos que por muito cuidado no que faemos e por iso extremamos as precaucións para non dañar absolutamente nada e evitar problemas con patrimonio.
O esforzo é máximo e se non cumplimos as normas podemos ter problemas para seguir organizando a proba.
Por este motivo pedimos que non se tire basura durante a competición. Restos de barras energéticas e demáis. Non creo que custe tanto, comer e meter o papel no bolsillo.
Cada un é libre de faer o que queira, pero creo que o castillo está bastante limpo, non mirei nin un papel por alí estes días e o ano pasado fixeron falta varias horas para retirar os restos do paso da carreira e non é xusto.
¿Qué máis?.
Non é recomendable o uso de rodas lisas en ningunha das probas. Prácticamente podería faer todo o recorrido coas lisas, sin problema, pero hai unha curva de 90º a izquierda e en descenso de terra e pode cair.
Cunhas rodas de tacos seguro que o rapaz disfruta máis da proba e vai a ir máis seguro e lle quedan para outras veces.
Ademáis non sei se o reglamento lle permitiría usar rodas lisas. Insisto, eu lle poría unhas rodas de tacos.
Para inscribir ós rapaces, porvos en contacto coa FEGATRI. O obxetivo é que non caia naide.
En cuanto a inscripción, non sei nin o que cobran por participar.
Cada federación ten as suas normas.
Nin me imaxino o esforzo que teñen que faer muitos Portugueses sólo para desplazarse e que veñan arredor de 100, a esta altura da temporada, é de agradecer.
Espero que quedaran toda-las dudas aclaradas.