Lun, 12 Dec 2005, 22:34
Asunto: VIANA
A MEIA MARATONA DE VIANA MANUELA MACHADO ou COMO UNHA CIDADE BEN PEQUENA PODE ORGANIZAR UNA MEDIA MARATONA:
PROS:
1.- Percorrido mixto. Inicio e fin no centro de Viana (desembocadura do noso rio Limia - Lima para os nosos irmáns), un tramo de estrada xeral (IP), e acceso a estradas secundarias e paso por fermosos pobos con xente animando: ambiente de festa, a xente vai e vén da misa, da comida de domingo, ...
2.- Portugal é un pracer. Teñen un gusto polo atletismo e poñen todo o mellor para facer carreiras intensas e vividas polos participantes e polo público. E a terra da propria Manuela e de Leonor Carneiro.
3.- Percorrido. E menos duro do que parece. Quizaís non sexa moi plana, pero para entendernos, non é mais lenta ca VIG BAY. Os 4 primeiros quilómetros chairos, do 7 ao 12 tira lixeiramente para arriba, e do 14 á meta lixeira baixada.
4.- Comer Bacalhau á volta en Caamiña, Ancora, Moledo, ... com Superbok ou Vinho Verde.
CONTRAS
1.- Duchas: O ano pasado leváronnos aos "balnearios" dos BOMBEIROS VOLUNTARIOS de Viana: Foi un pequeno caos tomar baño entre centos de capacetes-cascos, equipos de inmersión, taquillas dos voluntarios, etc. pero, coma sempre.... rímonos e disfrutamos dabondo.
2.- Doces da bolsa do corredor: bollería industrial cremosa á altura dos máis lambóns.
Eu, como son un namorado de Portugal non son demasiado obxectivo.
Se non hai novidade voltaremos.