Lun, 12 Feb 2007, 10:45
Asunto:
Pois polo visto xa non me queda moito por dicir... xa falachedes case tod@s!!! Como sempre o anfitrión
Derek arranxandoo todo, preocupado por todos... en fin... todo un cabaleiro dos que non quedan
.
Polo demáis encantado de coñecer a algúns foreiros que ainda non coñecía. Un pracer,
Barrachina,
Fema e
Fleki e
Begoña (que ainda non é foreira pero xa caerá
). Aos que xa coñecía foi un pracer voltar a correr con eles/as...
Sodes todos encantadores/as e ó lado voso os kilómetros non se notan... debíamos levar 11 kms. nas pernas e por min podería correr outros tantos (e iso que non respiraba ainda con normalidade)... unha mágoa ter que deixarvos tan cedo, pero había que voltar a Vigo para a comida familiar dos domingos... se o tempo fora o de hoxe seguro que comeriamos toda a familia cos que vos quedastes.
Elyana coida eses músculos, que polo que vexo sigues coa boa intención de adestrar e adestrar e ó mellor o que precisabas era unha boa tempada de repouso. Xa sei que é duro non saír a correr cando un quere, pero penso que as túas opcións son iso ou andar a medias moitísimo máis tempo. Non te ofendas, pero se aos 500 metros xa comenzaches a notar molestias, ou viñas moi mal xa ou vas ter que facer o que che digo. Non sei... ti eres a que máis sabe de saúde así que ti mesma. Un bico, e coidate, que te queremos ver ahí... ainda que sexa de faroliño bermello.
Teño a sensación de que esquezo algo, pero non o sei ... este Alzheirmer!!!